Descarga, instalación e configuración da aplicación
Como punto de partida deberemos de descargar Ardora (Ardora é portable polo que non precisa de instalación, únicamente deberemos de descomprimir o arquivo procedente da web, tal e como se explica no titorial), teña presente que esto únicamente se fai no ordenador no cal traballe vostede, nos ordenadores que empreguen os seus alumnos únicamente deberá ter instalado a máquina virtual de Java.
Neste primeiro bloque vamos a intentar expoñer as posibilidades de traballo que ten Ardora, é moi importante que preste especial atención a este primeiro módulo, xa que si aquí comprende a dinámica e o xeito de traballar con Ardora o resto do curso será moi doado de seguir.
Nesta actividade únicamente vamos a tratar no video titorial un parámetro que ainda non se traballou, os erros no desenvolvemento dunha actividade. O resto da creación da actividade é moi semellante ó xa visto.
Ó igual que no primeiro Bloque, aquí vamos a seguir traballando con actividades nas que únicamente, como "materia prima" necesitamos texto e a nosa imaxinación de docentes. Son actividades tamén sencillas pero que poden presentar algunha característica que requira dunha pequeniña explicación.
Engadindo contido - IMAXE E TEXTO Dispón no apartado 1 de manuais do curso, en formato flash e pdf para elaborar actividades sencillas de imaxe e texto.
Posiblemente sexan as actividades nas que inxerimos un ou mais gráficos as que resulten máis atractivas e vistosas ó noso alumnado, neste módulo traballaremos este tipo de actividades así como o tratamento dos arquivos de imaxen para Ardora.
No apartado "1.- Recursos e manuais de apoio" ten dous manuais (en pdf e flash) sobre como cambiar o formato da imaxen cando, por exemplo, a imaxen que obtivemos non é un JPG, ou como redimensionar unha imaxen para o caso da actividade onde o que precisa é una arquivo GIF.
Ardora permite en varias das súas actividades a posibilidade da inclusión de arquivos de audio e video, neste bloque vamos a ver este tipo de actividades así como a forma de obter/crear estes arquivos de audio e video.
Nos "Recursos e manuais de apoio" ten dous manuais (en pdf e flash) sobre como proceder para cambiar o formato dun arquivo de audio ó que interpreta Ardora, o formato "au".
Crear videos FLV Calquera video pode ser cambiado a outro formato. En WINDOWS hai ferramentas gratuítas como FormatFactory, WinFF ou Super que cambian videos case de calquera formato a FLV. En LINUX podemos facelo de xeito doado con Avidemux ou WinFF. Coidado co tamaño. Máis de 5 min e/ou 15 Mb fan que os videos sexan moi pesados. Dispón de manuais en PDF para a empregar videos en Ardora: PDF1 e PDF2
Como seguramente observaría, moitas das actividades que se poñen de exemplo neste curso presentan un aspecto uniforme en canto a cor e presentación, incluen ligazóns diversas e incluso a posibilidade de "moverse" a outra actividade, esto é ó que lle chamaremos un "paquete de actividades Ardora".
BLOQUE VII:Inserción de actividades Ardora en CMSs e LMSs.SCORM
Neste bloque veremos o xeito de incluir as nosas actividades dentro de xestores de contidos (CMSs) como Drupal ou en plataformas de teleformación (LMSs) como Moodle. Para este último se fará especial fincapé no estandar en canto a "obxectos de aprendizaxe" chamado SCORM.
Material complementario de consulta si o prefire ten estes contidos en arquivos pdf para imprimir.
Neste derradeiro bloque proporanse algunhas estratexias para a "ubicación" de todo o material xerado, de xeito que o alumnado teña acceso ós recursos xerados por vostede, farase especial fincapé, por non ser tratado ainda, na creación dunha intranet educativa.