Lista de tópicos
-
-
CURSO: "Ferramentas e aplicacións da web 2.0 na aula de CCSS"
-
BLOQUE 0. PRESENTACIÓN(1 hora)
-
BLOQUE I. A WEB 2.0
- Contidos: Concepto de web 2.0. Características das ferramentas e posibilidades que abren ao profesorado docente: crear, compartir e colaborar (4 horas)
-
BLOQUE II. BUSCA E CATALOGACIÓN DE MATERIAIS
- Contidos: Fontes de recursos útiles para as clases de ciencias sociais: portais educativos, editoriais, páxinas persoais de profesorado de ciencias sociais. Criterios para a súa valoración. Busca de materiais en diversos formatos: texto, imaxes, vídeos.... Uso dos marcadores sociais como ferramenta para crear e compartir un banco de recursos persoal. (4 horas)
A superación deste módulo realizarase unha vez teñas visualizado os módulos propostos (a nós quédanos constancia na plataforma do teu progreso) e realizada a última tarefa: Mister-Wong. Propoñémosche un xogo de busca en internet, pero é voluntario. Ánimo! -
BLOQUE III: OS BLOGS NA CLASE DE SOCIAIS
- Contidos: As posibilidades educativas dos blogs nas clases de ciencias sociais. Creación, publicación, aplicacións e modelos didácticos. (4 horas)
-
BLOQUE IV. ELABORACIÓN E DIFUSIÓN DE MATERIAL DIDÁCTICO DE CCSS
Neste bloque presentamos varias ferramentas que consideramos poden ser de utilidade para a aula. Como son múltiples os recursos web 2.0, ofrecemos unha selección:
- Na primeira sección todas teñen carácter obrigatorio:
- Slideshare: Para aloxar e compartir presentacións multimedia.
- Youtube: Para aloxar e compartir vídeos.
- Glogster: Para crear e compartir murais dixitais.
- Na segunda sección tes que escoller unha ferramenta que mellor se axeite ás túas necesidades ou intereses das que ofrecemos a continuación:
- Álbum web Picasa: Para aloxar e compartir fotografías.
- Scribd: Para aloxar e compartir documentos.
- D-volver Maker: Para crear e compartir cómics animados.
- TimeRime: Para crear e compartir liñas de tempo.
Dispós de 12 horas para a primeira sección e 4 para a segunda.
*Recordade que para poder avaliarvos tedes que:
- Realizar e enviar o traballo que se vos pide a través da tarefa de cada ferramenta (Tarefa: ....).
- Participar no foro de cada aplicación compartindo o traballo.
-
-
BLOQUE IV. Primeria sección obrigatoria (I)
-
BLOQUE IV. Segunda sección: elixe unha ferramenta
Só é obrigatoria unha, pero se queredes facer as demais tamén as comentaremos e/ou avaliaremos.
1.- SERVIZOS EN INTERNET PARA GARDAR DOCUMENTOS, VIDEOS, IMAXES, ETC.
Neste apartado abordaremos algunhas ferramentas que nos permiten crear, aloxar e compartir. Xa vimos varias:
- Dropbox para almacenar carpetas e arquivos (xa visto anteriormente).
- Youtube para aloxar vídeos.
- Slideshare para aloxar e compartir documentos en diferentes formatos: presentacións, PDF, videos.... ata unha capacidade de 100 Mb.
Existen outras ferramentas como:
- Google Docs para a creación de documentos na nube (de texto, presentacións...).
- Scribd para aloxar e compartir documentos.
-
AVALIACIÓN DO CURSO: O TEU TRABALLO
Logo de todo o que levas aprendendo ao longo deste curso, non podemos esquecer que son ferramentas... ferramentas que nos deben axudar a que o noso alumnado consiga os obxectivos de aprendizaxe que nos propoñamos...Por iso, o último que che propoñemos é que nos digas precisamente iso: que obxectivos queres conseguir coas actividades que elaboraches, que contidos vas traballar, como os vas avaliar... en fin, esas cousas que compoñen a parte formal dunha unidade didáctica. -
-
Manexo da plataforma Moodle de PlategaDetectamos nesta primeira semana do curso, dificultades por parte dalgún alumnado co manexo desta plataforma de aprendizaxe on-line que emprega Platega e que se chama Moodle.Aínda que se escapa á nosa competencia propia do curso, tentaremos ir poñendo algún titorial para que, aquel alumnado que teña máis dificultades, poda ter algunha guía de referencia. Pero como as cousas de palacio van despazo... este proceso tamén...Hoxe publicamos unha primeira entrega: como ver as nosas cualificacións das actividades que realizamos e os comentarios que vos facemos o profesorado titor. Por certo, pedímosvos que leades ditos comentarios, en especial os da enquisa de avaliación inicial porque pensamos que é importante a retroalimentación profesorado-alumnado.Este bloque non forma parte curricular do curso... é un complemento para axudar aos que teñen máis dificultades...