Esquema de temas
-
Este curso desenvolve estas competencias profesionais docentes no profesorado participante neste curso:
Investigador/a e innovador/a
Educador/a e guía
-
Enlace ao apartado COMUNICACIÓN do SEPIE "onde se atopan estratexias e recursos que poden axudar a comunicar e difundir o proxecto de xeito efectivo".
"Os beneficiarios teñen a obriga de recoñecer publicamente o apoio da Unión Europea. O logotipo debe figurar en todos os materiais promocionais e de comunicación, webs e redes sociais das entidades beneficiarias de Erasmus+"
-
Benvidos/as ao curso "Profesores competentes desde la perspectiva STEM". O noso obxectivo? Conectar as clases de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) coa "vida real" e que sexamos quen de integrar problemas nas nosas clases e prácticas STEM. A falta de conexión entre a vida real e as clases STEM poden facer que o alumnado se desconecte do ámbito porque vexan que é demasiado "académico" ou orientado á invest
igación.
A través deste proxecto Erasmus+ (Convenio 2018-1-ES01-KA101-048069) tentaremos explorar que se está facendo en STEM noutros países (Hawaii, Bélxica, Finlandia e Italia) explorando as liñas xerais de interese e exemplos prácticos a través da observación de aulas para que poidamos compartir experiencias e boas prácticas. O fin último? Extrapolar ideas ao noso contexto galego para crear unha guía de boas prácticas e unha xestión de proxectos STEM que sexa eficiente así como crear unha batería de recursos de aula para compartir con outros centros que desexen iniciarse en STEM.
-
Comezar debates: 1
-
-
O 22 de outubro tivestes a oportunidade de coñecer o traballo de Heather O'Connell na West Hawaii Explorations Academy (WHEA), un centro que ten 20 anos de experiencia na aprendizaxe baseada en proxectos.
Neste módulo faremos primeiramente unha análise do seu modelo e logo crearemos un marco de elementos básicos que debe ter unha aprendizaxe baseada en proxectos STEM de calidade.
-
Desde o 2001 o acrónimo STEM forma parte do noso vocabulario. Partiu de Judith A. Ramaley, ex-directora da área de recursos humanos e educación do National Science Foundation como un xeito de crear unha "meta-disciplina" que revolucionase o ensino das matemáticas e as ciencias incorporando a tecnoloxía e a enxeñería.
Neste módulo estudaremos que implica o STEM e como afecta á metodoloxía, ao pasar a centrarse na resolución de problemas, a aprendizaxe por descubrimento e as habilidades de alto orde. Examinaremos o contexto, reflexionaremos sobre a propia práctica profesional e exploraremos estratexias e recursos.
-
O último informe OCSE sitúa a Italia no penúltimo lugar: só o 18% dos italianos (fronte ao 37% dos outros países) se gradúa na universidade, e en disciplinas pouco ligadas ás necesidades actuáis e futuras da economía, e sobre todo cun déficit xeral no ámbito STEM. A maioría dos expertos indican como causa principal o sistema educativo, que aínda non está dirixido a estimular o interese polas materias STEM.
-
Centro educativo no que se fará observación os días 11 e 12 de febreiro de 2019.
-
“STEM for Youth” è il progetto europeo che promuove un approccio innovativo allo studio delle STEM, ovvero della scienza, tecnologia, ingegneria e matematica. L’iniziativa vede coinvolti esperti e professionisti del mondo scientifico di 6 Paesi dell’Unione Europea (Polonia, Spagna, Grecia, Repubblica Ceca, Slovenia e Italia) impegnati nel trasformare lo studio delle discipline scientifiche al fine di renderlo più attrattivo.
-
Grella de observación de Italia cumprimentada
-
Creado por European Schoolnet, Future Classroom Lab (FCL) é un ambiente de aprendizaxe inspirador en Bruxelas, que desafía aos visitantes a repensar o papel da pedagoxía, a tecnoloxía e o deseño nas súas aulas. A través de seis zonas de aprendizaxe, os visitantes poden explorar os elementos esenciais na aprendizaje do século XXI: habilidades e roles de estudiantes e mestres, estilos de aprendizaxe, deseño de contornas de aprendizaxe, tecnoloxía actual e emerxente, e tendencias sociais que afectan á educación.
(fonte: fcl.eun.org)
-
Logo da análise de resultados clave no informe PISA 2015, Finlandia sitúase como o 5º país do mundo en rendemento medio en ciencias do seu alumnado e o único país onde as rapazas teñen máis probabilidades de acadar un nivel excelente que os rapaces. (fonte: PISA 2015. Resultados clave)
-
Recibir unha cualificación
-
Como ben sabedes, un dos obxectivos principais establecidos neste proxecto é crear, coas achegas de todos os participantes, un pequeno repositorio de prácticas educativas STEM. O proxecto establecía a creación de catro prácticas por cada participante. O repositorio debe cubrir con todas elas os catro cursos da ESO.
Unha das particularidades que os proxectos STEM adoitan ter é o seu carácter transversal ao longo de diferentes cursos ou niveis. É por iso que seguramente moitas das practicas que presentedes, ou pequenas variacións das mesmas, terán validez para diferentes cursos.
Para facilitar o traballo compártense neste módulo varios modelos que poden servir para guiar o deseño das prácticas. Todos eles son orientativos e de apoio, de modo que non é obrigado o seu uso, pero si recollen dun xeito bastante completo os elementos que debería ter calquera deseño.
Ademais destes modelos, o módulo conta tamén cun foro de coordinación entre participantes para que poidades intercambiar ideas e informacións, así como coordinar o desenvolvemento equilibrado en temáticas e niveis das diferentes prácticas.
Unha vez deseñadas, as prácticas deberedes subilas no cartafol Prácticas STEM e indicar mediante un pequeno texto no campo que habilita a tarefa Prácticas educativas STEM unha relación dos títulos das mesmas.
-
"Profesores competentes dende a perspectiva STEM"
por Diana Pastoriza e María José Suárezpublícase baixo unha licenza
Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional -
Este bloque ou tema debe permanecer oculto aos participantes.
Acceden unicamente o coordinador ou coordinadora e as titoras / titores