Lista de tópicos
-
Regueifesta 2.0 é un curso virtual para formar docentes en improvisación oral aplicada ás aulas.
Unha ferramenta para potenciar competencias musicais, lingüísticas e de comunicación para formar docentes que participen activamente na introdución do improviso no noso sistema escolar.
O potencial deste proxecto esténdese ao desenvolvemento das competencias profesionais docentes, pero tamén persoais e de relación social (autoconfianza, actitude creativa, competencias para xestionar a comunicación, competencias de relación interpersoal, desenvolvemento da memoria, etc), á implicación do alumnado no patrimonio cultural (como expresión cultural universal e como coñecemento da realidade cultural galega), e á potenciación complementaria das competencias lingüística, musical e TIC.
Ademais, ten un valioso poder para transformar a realidade educativa através da dimensión lúdica.
-
Adicaremos a primeira semana a tomar contacto e presentarnos á comunidade de aprendizaxe do curso nun foro. A maiores, de xeito voluntario, convocaremos unha reunión presencial para solventar dúbidas e establecer vínculos persoais. O trámite da presentación virtual é imprescindible pois de non facelo causarías baixa e substituiríate outra persoa. Aproveitaremos para repasar as normas de Netiqueta do mundo virtual.
-
Neste ficheiro poderás consultar a guía deste curso.
-
-
Nesta zona atoparás información e ferramentas que empregaremos ao longo de todo o curso.
Na zona de descargas poderás descargar a guía do curso, glosario, webgrafía...
-
Arquivos para baixar
-
O Proxecto Educativo que impulsa a improvisación oral en verso no sistema escolar galego
-
-
Comunicación Musical, (10 horas), trabállase a audición, a recolla en traballos de campo e a composición de regueifas e doutras formas de improvisación oral en verso. Coñeceremos o noso corpo para expresar musicalmente a improvisación e as nosas posibilidades expresivas. Divulgaremos, a través de gravacións de voz e as novas tecnoloxías de reprodución e edición musical e audiovisuais, as nosas propias interpretacións.
-
Historia e actualidade da improvisación oral en verso, (10 horas), explica a historia e a actualidade do improviso, tanto na Galiza como noutros pontos do planeta. Explícase tamén a importancia do repente na historia do ser humano, en relación coa historia pasada e a actual era da información. É importante coñecer a historia e actualidade da improvisación oral en verso no resto do mundo: País Vasco, Portugal, Cuba e outros territorios, como exemplo da diversidade cultural dos pobos. E, alén disto, o alunado coñecerá o proceso de desenvolvemento educativo e sociocultural do repente galego como movemento sociocultural en expansión.
-
Comunicación lingüística, poética e retórica (10 horas). Explicaremos os principios da comunicación lingüística, sociolingüística e poética do repente galego. Comezaremos coñecendo dous principios fundamentais deste proxecto comunicativo: normalización lingüística e linguaxe non sexista. Logo, pasaremos a coñecer os recursos literarios do xénero: morfoloxías poéticas, recursos estilísticos, convencións da tradición, innovacións actuais. Relacionaremos a improvisación oral coa retórica. E aprenderemos a improvisar textos orais en verso.
-
Comunicación escénica e performance (10 horas), coñeceremos os elementos non verbais da regueifa como proceso comunicativo en interacción cun público. Neste ámbito de comunicación, teremos especial interese en demostrar seguridade persoal diante do momento da improvisación pública, através da adquisición de técnica , experiencia e autoestima. Ademais, empregaremos a linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso oral.
-
Creatividade e xestión sociocultural (5 horas), coñeceremos activamente as características do movemento sociocultural da improvisación oral, e implicarémonos con outros axentes locais e non locais na xestión da improvisación oral en verso como elemento dinamizador da escola e da sociedade. Traballaremos desde a innovación e a creación colectiva, empregando as ferramentas dixitais para a creación horizontal e a divulgación cultural.
-
Proxecto Final (3 horas)
Compañeiras, Compañeiros,
xa chegamos ao final.
Vamos facer o Proxecto
e non vos vai quedar mal.
Propoñémosvos un reto:
levar a regueifa á aula
facer unha unidade
que flúa igual que a auga
Seguide a folla de ruta
e non vos ides perder.
Traballar con vós para nós
foi un inmenso pracer
E toca dar a despedida,
para iso está o Foro.
Seguimos komunikando:
dicímosvos atalogo!!!
-
"Material didáctico para impartir aulas de Regueifa"
por Manuel Maseda Deán e Xosé Luís González Sendepublícase baixo unha licenza
Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Este curso virtual elaborouse durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de educación e O.U.