Tema Nombre Descripción
Página Competencias profesionais e subcompetencias do curso

Curso de Regueifa 2.0

Presentación Archivo Guía do curso: Regueifa 2.0

Neste ficheiro poderás consultar a guía deste curso.

Página Folla de ruta da Presentación do Curso

Comezo do curso

Página Como vai ser este curso? Estrutura e organización dos temas

Este curso desenvólvese co seguinte esquema: unha presentación das persoas participantes, cinco temas e un proxecto final.

A presentación é fundamental e debes participar. Non facelo causa baixa no curso. 

Os cinco temas que seguen correspóndense cos bloques de contido do Curriculo da materia optativa "Regueifa e improvisación oral en verso" e son:

1. Comunicación musical.

2. Historia e actualidade da improvisación oral en verso.

3. Comunicación lingüística, poética e retórica. 

4. Comunicación escénica e performance.

5. Creatividade e xestión cultural.

Por último, o Proxecto Final reúne o traballo que fecha esta Aula Virtual.

Como se organiza isto?

O esquema de cada Tema é sempre o mesmo e vas poder consultalo ao comezo de cada Tema no apartado "Folla de Ruta"

Folla de ruta

Presentación do tema Primeiro explicamos brevemente os contidos doTema. A continuación, as competencias profesionais docentes e obxectivos a desenvolver en cada tema.


 
   Foro
No Foro terás que realizar algunhas das actividades dos Temas. Ademais ten un obxectivo fundamental: resolver dúbidas sobre calquera especto do Curso.
Enquisa Avaliación inicial. Unha pequena proba como introdución no bloque temático e contrastar cos teus coñecementos previos.


Fontes de información InfoNeste apartado podes atopar diversa información sobre o Tema. Estas infos son orientativas, de consulta. 

Actividades Actividades
Estas son unha serie de actividades que non computan para a cualificación final, pero necesarias para saber realizar as Tarefas obrigatorias no senso de que si computan para a cualificación. Son diferente tipo, algunhas son de lectura, outras, máis interactivas.

Icona de avaliación das tarefas Tarefas
Son obrigatorias. Cada Tarefa que realices será cualificada e sumará na túa táboa de calificacións. 
Página O Proxecto Final que imos facer

Unha actividade de acción sociocultural ao redor da regueifa

Mediateca Carpeta Zona de descargas

Arquivos para baixar

URL Nós: o Proxecto Regueifesta

         O Proxecto Educativo que impulsa a improvisación oral en verso no sistema escolar galego

Tema 1 - Comunicación musical Página Folla de ruta

COMUNICACIÓN MUSICAL

Archivo Avaliación Inicial

Coñecementos previos

Carpeta Documentos de consulta

Ampliación de información

Página A melodía e o ritmo de regueifa

...

Página Un arquivo sonoro para Galiza

...

Página Achegamento ao editor de audio Audacity

,,,

 

Tema 2 - Historia e actualidade da improvisación oral en verso Página Folla de Ruta

Historia da improvisación oral en verso

Archivo Avaliación inicial

...

Página Un pracer físico?

Jon Sarasua, un grande!

Libro Repentistas do RAP na Galiza

“Com a chegada da nova língua franca do ghetto, o hip-hop, Ordes renovou o seu antagonismo social e de passo –mais lá da piscadela primeira de Os Resentidos- inventou o rap em galego. Cousas estranhas numha vila onde os semáforos conviviam com o gado: muros que berravam, com um novo cuidado estético (5), cousas como “Fraga, vai trabalhar a Canárias!”, muito antes de que o graffiti se tornasse umha arte legítima em vías de museificaçom; intercámbios de revistas de arte urbana nos tempos pré-internautas; e um grupo de rapazes que vinham às passantias de Ana com cassettes gravados com algo nunca ouvido, que recordava vagamente às regueifas dos velhos e que depois reelaboravam com sotaque galego num cortelho de Penelas.”

Carlos Calvo Varela.

Archivo Historia e actualidade do improviso na Galiza e no mundo

...

Carpeta Quen é quen no repente galego?

E quen está a improvisar na Galiza na actualidade?

Até este momento xa apareceron algúns nomes do repente galego das diferentes xeracións de regueifeiros e regueifeiras, brindadores e brindadoras e rapeiros de estilo libre.

No documento adxunto podes coñecer moitas das persoas que hoxe en día están a improvisar en verso na Galiza.

Esta xente é o presente do noso repentismo. 

Son protagonistas deste proceso de revitalización da regueifa. É importante que saibas desta xente porque son o motor principal do movemento. 

Esta é unha actividade de lectura e visualización. Procura os seus nomes na rede. Ponlles cara. Non tes que escribir nin enviar nada.

 

Archivo Neurociencia das rimas improvisadas

...

Página Inimigo público

Chuck D é um dos rapeiros mais combativos e revolucionários da história do RAP,  simpatizante das Panteras Negras e, entre outras causas, dos processos independentistas das nações sem estado. No seu libro Fight the Power, - que nos lemos na edição espanhola de Luma ediciones, de 2001, achamos este fragmento, que traducimos. Deves le-lo atentamente e participar no Foro deste Tema 2.

 

.

“A juventude de hoje precisa que a obriguem a sentar e ler algo, mas a gente nova quer ler algo que forme parte da sua realidade. Se um profesor ou professora não sabe nada sobre as tendências do momento e sobre o que está a suceder com a juventude na sociedade, daquela, que lhes pode ensinar?

.

Os profesores não têm que saber as canções de Snoop Dogg, os manifestos de Gran Hill nem a última história do Show de Bill Cosby ou Living Single, mas si deveriam estar ao tanto dos asuntos nos que anda a gente nova.

.

Como podes ensinar se não sabes a que são receptivos os estudantes? A juventude vai diretamente da escola às suas casas para olhar vídeos. Estam a aprender mais dos vídeos e das canções de rap que nas escolas. Essa é uma das rações polas que o rap e outras dimensões da cultura negra transcenderam com tanto sucesso geral, porque a gente nova branca é capaz de sentir e desenvolver uma perspetiva através da nossa música, que interpreta as nossas situações e expresa os nossos sentimentos sobre o que está a suceder diretamente nos seus corações e mentes.

.

A cultura hip hop é, dalgum jeito, educação. O perigo potencial que ameaza todo isto é que sempre pode aparecer alguém com uma actitude mais controladora, tipo “Grande Irmão”, e dizer: “Vamos encher o rap, o R&B, o soul e os filmes de gente negra de todo tipo de imagens negativas e degeneradas”. Isso é exactamente o que está a suceder.

.

As estatísticias mostram quem olha a tele e os vídeos. O negativo sempre é fácil de vender. Se lhe das a um rapaz de catorce anos a opção entre um vídeo positivio e um vídeo com tetas e cus, armas e violência, a maioria das vezes escolherá as tetas e os cus, as armas e a violéncia.

.

Sem uma educação adecuada, desde uma perspetiva negra e para uma juventude negra, estamos perdidos. Agora mesmo a nossa juventude está perdida e descontrolada porque não há nada que a prepare para o seu futuro como negros. “

Agora escreve no Foro explicando o teu ponto de vista sobre a capacidade transformadora -potencial e real- do nosso trabalho como docentes. 

 

Archivo Pescudamos?

...

Tema 3 - Comunicación lingüística, poética e retórica Página Folla de Ruta

Comunicación lingüística, poética e retórica

Archivo Avaliación incial

...

Carpeta Nácese ou apréndese?

Somos docentes e estamos a aprender habilidades para introducir a improvisación cantada en verso nas nosas aulas. E unha das grandes perguntas que seguramente te fixeches é se estarás preparada para dinamizar esta aprendizaxe do teu alumnado.

Séchuh Sende, Sara Machena, CC BY-SA 2.0

O profesorado que quer aprender a regueifar ao seu alumnado ten que saber regueifar? Debería saber?

Non nos estresemos: o profesorado que traballe coa improvisación oral en verso debe facilitar a aprendizaxe. E por iso, si, tes que marcar como obxectivo aprender a improvisar en verso. E animámoste a que fagas ese camiño, esa aprendizaxe persoal, acompañada polo teu alumnado, acompañando o teu alumnado.

E podemos aprender a improvisar en verso? É posíbel aprender a regueifar? Ou iso só está reservado para unhas poucas persoas, escolleitas polo destino?

Nunha entrevista no programa de radio especializado no repente galego, "A punta da navalla", impulsado pola asociación ORAL,  Kike Estévez pregúntalle ao brindeiro Antonio Rio, O Ribeira da Louzarela:

- Cre vostede que esta arte de brindar pódeselle aprender aos nenos ou á xente nova ou pensa vostede que hai que nacer con isto?

E o brindeiro do Courel responde:

- Isto non se aprende. Isto ten que nacer coa persoa.


Máis tarde, durante unha improvisación de mais de dez minutos, o Louzarela canta:

Isto non o fai calquera

isto non é unha broma

nin se escribe nin se aprende

ten que nacer coa persoa

Mais nós non pensamos así, evidentemente. Nós temos a seguridade de que todo o mundo, todo o noso alumnado, pode aprender a improvisar. O mesmo pensa Felip Munar, ao falar sobre a glosa, a improvisación cantada nas Baleares:

“Quem pode ser glosador? Ou, melhor: quem quere ser glosador? Ser glosador é uma vontade, uma decisão, um jeito de entender as persoas que nos rodeam e de comprender-se a um mesmo. Todo o mundo pode chegar a ser glosador: todas e todos podemos ser capazes de improvisar umas glosas circunstanciais, temáticas, comprometidas ou singelamente expositivas. Todo o mundo pode aprender a técnica, o jeito de construír uma glosa. Algumas persoas interiorizarám e faram sua a glosa, e encontrarám umas aptitudes adequadas que lhes resultarám uma porta aberta a um mundo infinito, porque a criação nom tem límites, só aqueles que um mesmo lhe ponha. Outra gente avançará pouco a pouco, às vezes com dificuldades, com altos e baixos que ponherám à proba a vontade expresada e a paciéncia, e a vontade de converter-se em glosador, em glosadora.”

Felip Munar i Munar, Jo vull esser glosador, Edicións Documenta Balear, 2008, Mallorca

(Tradución: Séchu Sende)

Séchu Sende/Paulo Rico, Obradoiro de Regueifas, CC BY-SA 2.0

Mais, se aínda pensas que aprender a improvisar en verso é difícil, bótalle un ollo a este vídeo -que abre en xanela emerxente- onde dúas meniñas de 3 e 5 anos xogan a regueifar co seu pai

:

Como podes imaxinar, o ser humano é un animal preparado para improvisar en verso. Esa habilidade, común hai moitos anos na nosa sociedade, é hoxe en día excepcional. E na Galiza temos a sorte de ser un dos pobos que conseguimos traer a improvisación oral en verso ao século XXI.

Hoxe en día, por poñer un exemplo, mais de dez crianzas entre 4 e 8 anos saben improvisar en verso en Compostela. E todas teñen algo en común: aprenderon xogando coas súas nais e pais.

Na pasta que está xusto a continuación podes botarlle un ollo a este Curso de Regueifas para mamás, papás e crianças elaborada pola Escola Semente.

Página Instrucións moi básicas: catro pés para comezar

O primeiriño de todo

Archivo Un segredo: o final é o principio!

...

Archivo Decálogo da Regueifesta

...

Archivo Manual de Repente non Sexista

...

Archivo Sen homofobia, mellor

...

Página Corrección lingüística

.

Reflexiona sobre o modelo lingüístico da oralidade de Cadaval, compárao con outros modelos lingüísticos orais que coñezas -por exemplo, de humoristas con menor preocupación formal da TVG- e comparte as túas opinións no foro deste bloque. Podemos crear unha regueifa, un repente galego, libre de castelanismos?

Como podemos facelo?

Tema 4 - Comunicación escénica e performance Página Folla de ruta

Comunicación escénica e performance

Archivo Avaliación inicial

...

Página Quinésica: o apaixonante mundo da comunicación non verbal

Neste Tema 4 repararemos na comunicación corporal no repentismo. A quinésica pode aportar moito ao repente galego, como ferramenta de formación. Ademais temos sorte, porque na Galiza contamos cun investigador e divulgador de primeira división.

Página Todo terreo: organizacións e espazos escénicos

Como nos organizamos no escenario? E en que escenarios podemos improvisar?

Página O público

Un respeito ao público!

Archivo Autoestima persoal e colectiva

...

Página Un guión dun espectáculo escolar de repente galego

Un exemplo

Tema 5 - Creatividade e Xestión Cultural Página Folla de Ruta

Creatividade e Xestión Cultural

Archivo Avaliación Inicial

...

Página Centro educativo como contedor cultural

Adiante

Carpeta Modelos de Guías de Xestión Cultural

Aquí tes información sobre como utilizar diferentes intrumentos e servizos para desenvolver procesos de xestión cultural: Crowdfunding, Radio, Festival, Documentar un proxecto...

Página Pode o profesorado mudar o mundo?

...

Proxecto final Página Folla de ruta - "Proxecto Final"

...

Libro Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas

Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento de repentismo, co obxectivo de visibilizar a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentirse parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.

Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.

Licenza Página [1] Dereito de cita

Dereito de cita e ilustración

Página [2] Atribución da propiedade intelectual das imaxes inseridas neste curso virtual

Atribución da propiedade intelectual dos recursos alleos empregados