Son moitos os beneficios do xadrez, potencia a memoria, mellora a creatividade, axuda na resolución de problemas, facilita a concentración, enseña a planificar, a facer previsións e desenrola a intelixencia emocional entre outros.
Obxectivos deste curso:
1.Coñecer as normas básicas polas que se rexe o xadrez e as súas posibilidades didácticas.
2.Desenvolver actividades e xogos encamiñados a iniciar ao alumnado no xadrez.
3.Integrar o xadrez como contido e recurso interdisciplinar que favorece o desenvolvemento competencial.
Contidos
1.Coñecemento das normas básicas polas que se rexe o xadrez.
2.Realización de xogos e actividades baseados no xadrez.
3.Catalogación de recursos didácticos para a implementación nas diferentes áreas curriculares.
4.O xadrez como recurso didáctico que potencia a adquisición das competencias.