Obxectivos

1.Coñecer e identificar os distintos elementos funcionais que compoñen fisicamente os autómatas.

2.Coñecer as diferentes linguaxes de programación de autómatas e programar aplicacións básicas dos mesmos.

3.Coñecer as posibilidades de comunicacións en entornos automatizados das que dispoñen os autómatas programables.

Contidos

1.Estrutura do autómata programable. Partes e funcionamento dun autómata programable. Sensores e captadores analóxicos e dixitais. Accionadores analóxicos e dixitais. Elementos de diálogo home-máquina.

2.Escritura dun programa. Formas de representación. Estrutura do programa. Obxectos de programación. Operacións básicas.

3.Operacións combinacionais. Operacións set e reset. Temporizadores. Contadores.

4.Operacións de carga e transferencia. Entradas e saídas analóxicas. Operacións de comparación. Operacións aritméticas.

5.Comunicacións entre autómatas programables. Comunicación con interfaces home-máquina tales como pantallas táctiles ou computadoras.