Xeoloxía
A xeoloxía, do grego γῆ gē ('Terra') e λόγος lógos ('palabra', 'razón, 'tratado'), é a ciencia que estuda a Terra, a súa composición, estrutura, propiedades físicas e químicas, historia e os procesos que a formaron.
A xeoloxía tal como a coñecemos hoxe foi establecida a partir dos estudos de James Hutton, ao que se considera como o pai da xeoloxía moderna.
O campo das disciplinas académicas implicadas encóntrase dentro da Licenciatura (hoxe Grao), de "Ciencias xeolóxicas", isto é, un compendio de diferentes ciencias ou disciplinas autónomas sobre distintos aspectos do estudo global do noso planeta e, por extensión, do estudo do resto dos corpos e materias do sistema solar (planetoloxía, astroxeoloxía ou xeoloxía planetaria).