Apagado do panel de xeito programado

  

   

Engadir unha tarefa de apagado do panel

 

Para prolongar a vida útil do panel é conveniente apagalo correctamente ao finalizar as actividades lectivas do día, premendo varios segundos sobre o botón de acendido/apagado. (Unha simple pulsación deixará o panel en modo stand-by, e o botón cambiará de cor alternativamente). Unha vez apagado , a luz do botón quedará en cor laranxa indefinidamente. 

En períodos non lectivos longos (vacacións de verán, nadal...) recoméndase pulsar o interruptor da parte inferior xunto ao cable de alimentación para cortar completamente a electricidade e evitar así calquera problema eléctrico. (Neste caso apagarase completamente a luz do botón).

Para evitar que o panel quede aceso dun día para outro é posible programar unha tarefa de apagado a unha hora determinada en Axustes > Sistema > Inicio e apagado:

apagado

Engádese unha tarefa de apagado:

tarefa

A continuación especifícase o horario e os días de apagado.


Hora apagado

Unha vez rematado o proceso amosarase a tarefa programada para o apagado.

tarefa xa programada



Aforro de enerxía

 

Un xeito alternativo ou complementario ao anterior para o apagado do panel é o emprego das opcións de Aforro de enerxía: Axustes > Sistema > Aforro de enerxía

Neste caso existen dúas posibilidades:

  • Modo de espera automático: Se non se produce ningunha actividade no tempo especificado, o dispositivo pasa de xeito automático ao modo espera (stand-by).
  • Apagado automático: Se non se produce ningunha actividade no tempo especificado, o dispositivo apágase completamente de xeito automático.

Pódese especificar nunca ou intervalos de 15, 30, 60 e 90 minutos en cada unha das opcións anteriores.

aforro de enerxía


Canle de inicio do panel

 

É posible configurar o panel para que se inicie sempre nunha determinada fonte de entrada: modo android, HDM1, HDMI 2... Unha opción interesante é última canle apagada, que iniciará o panel na última fonte activa.

 Axustes > Sistema > Inicio e apagado > Canle de inicio

canle






icono-recordar.png

Debes ter en conta que...

Un correcto apagado do panel contribuirá de xeito decisivo á prolongación da vida útil do panel. 

Por este motivo recoméndase configurar en todos os paneis un horario de apagado acorde aos horarios lectivos do centro.

Por outra banda, para o correcto apagado da maqueta Abalar do módulo OPS (paneis de 75") ou de portátiles (paneis de 75/86"), tamén é posible forzar o apagado mediante a utilidade Apagado automático. (Aplicacións > Sistema > Apagado automático)



 

 

 

Última modificación: martes, 8 de outubro de 2024, 11:14 AM