2. Descarga e instalación da maqueta
Todas as distintas versións da maqueta Abalar Libre publicadas ata o momento están dispoñibles para a súa descarga accedendo ao espazo "Maqueta Abalar Libre" do portal EspazoAbalar e seleccionando a versión que desexamos descargar desde os menús da banda lateral esquerda.
Portal adicado á maqueta Abalar libre
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es/maqueta-abalar-libre
Nestes mesmos menús da banda lateral esquerda dispoñemos de enlaces de descarga das dúas versións da maqueta: estándar e lixeira, axuda, manuais, titoriais e diversa documentación sobre os procedementos a seguir para realizar a instalación da Maqueta Abalar Libre en calquera equipo.
Como descargar e instalar a maqueta Abalar Libre
Neste videotitorial móstrase o proceso completo de descarga, creación dun dispositivo USB instalador e finalmente a instalación da Maqueta Abalar Libre nun ordenador.