3.1 O equipo do profesor (servidor)
O equipo do profesor (servidor)
|
Para acceder ao Epoptes debemos ir ao menú de Internet >> Epoptes
Unha vez que configuremos os clientes estes aparecerán no programa.
- Barra de accións
- Columna de grupos
- Espazo no que se mostrarán os equipos cliente
Barra de accións
Nela atópanse as distintas opcións que poderemos executar sobre os equipos cliente, xa sexa de maneira masiva como puntualmente a un deles. Estas accións son:
- 1 Arranque remoto --> Non dispoñible en aulas Edixgal. Só dispoñible para equipos conectados por cable e debidamente configurados.
- 2 Pechar sesión --> Mostrarase a pantalla do sistema solicitando usuario e contrasinal
- 3 Reiniciar --> Executará a acción de reinicio do sistema
- 4 Apagar --> Apagará o equipo
- 5 Visualizar/Capturar o equipo remoto --> Mostrará a pantalla completa o escritorio seleccionado ou en caso de tomar o control permitirá interactuar co equipo remoto, mover o seu rato e executar as súas aplicacións
- 6 Difundir a súa pantalla aos alumnos seleccionados --> Permite que os alumnos seleccionados vexan a pantalla do profesor.
- 7 Escoller entre difundir a pantalla completa ou en ventá --> Especifica se os alumnos verán a pantalla do profesor en pantalla completa ou en ventá cando se comparta a pantalla.
- 8 Deter todas as difusión en todos os clientes --> Deixa de compartir a pantalla do profesor con todos os alumnos cos que se estivera a compartir.
- 9 Executar unha orde --> Permite a execución remota de comandos (Por exemplo, abrir o navegador executando firefox)
- 10 Enviar mensaxes --> Abrirá unha xanela nos equipos cliente mostrando o texto que se estime oportuno
- 11 e 12 Trancar/Desbloquear --> Dá a posibilidade ao docente de bloquear/desbloquear os equipos dos alumnos, mostrando unha pantalla cun cadeado a cal impide interactuar con ningún dos elementos do escritorio, ata que se pulse a opción de desbloqueo
- 13 Obter información do equipo --> Amosa datos do ordenador, tales como Hostname, enderezo MAC, Alcume, etc...
Última modificación: mércores, 20 de marzo de 2024, 1:07 PM