6.1. Como engadir e eliminar competencias a unha materia

 Engadir e eliminar competencias a unha materia

EDIXGAL

O primeiro paso para poder valorar a adquisición de competencias será asocialas a unha materia. No caso das materias que se crean a principios de curso, volcando os datos desde o XADE, xa aparecerán as competencias correspondentes á materia asociadas de forma automática. Para materias creadas polo propio profesorado, haberá que realizalo de forma manual,  premendo no apartado "Máis" do menú da materia, e seleccionar o subapartado "Competencias".

Competencias


A continuación, pulsarase en "Engadir competencia á materia".


Competencias


Será neste apartado onde se escolla primeiro a materia da que queremos seleccionar as competencias, e a continuación todos os elementos que veñen recollidos no currículo: bloque, criterio de avaliación, obxectivo e por último, os descritores operativos das competencias clave.  Mantendo pulsada a tecla Ctrl poderanse escoller varias. Unha vez elixidas , púlsase no botón "Engadir".

Competencias Competencias

Agora as competencias xa aparecerán vinculadas á materia. Se algunha delas se quere eliminar, basta con pulsar a icona da papeleira que aparece arriba á dereita do cadro de cada competencia.

Competencias     


Importante!
Aínda que a documentación se refire sempre ás competencias, o que se escolle son criterios de avaliación, que están vinculandos a obxectivos e descritores operativos.



EDIXGAL
Última modificación: Martes, 13 de Febreiro de 2024, 12:11