6.4. Cualificación automática de competencias asociadas a actividades

  Cualificación automática de competencias asociadas a actividades

EDIXGAL

Podemos automatizar o completado dunha ou varias competencias se as asociamos á unha ou varias actividades, de xeito que as competencias se marquen como completadas unha vez que o alumno supere a(s) actividade(s) asociada(s) a elas.

Neste caso, comezaremos por asociar unha ou máis competencias a unha tarefa tal como se explicara no apartado 6.2. Durante o proceso de creación da tarefa, no apartado "Cualificación", daremos un valor a "Cualificación para aprobar", de xeito que se considere que un alumno aproba a tarefa cando iguala ou supera esa cualificación:


Cualificacións


Neste caso, o alumno aprobará a tarefa se iguala ou supera unha cualificación de 50 puntos sobre un total de 100.

No apartado "Completado da actividade", marcaremos as opción que se sinalan na imaxe inferior:


Completado


Máis abaixo, no apartado "Competencias" especificaremos que competencia ou competencias queremos asociar a esa tarefa tal como se explicara no apartado 6.2:


Configuración competencias

E asegurámonos de escoller "Completar a competencia" en "Ao finalizar a actividade".

A opción "Sobrescribir a valoración da competencia ao completar", cambiará calquera cualificación establecida previamente para esa competencia ao valor de "Bo":


Configurar competencias 2


En caso de que non se marcase esta opción e se valorase manualmente a competencia, o completado automático non tería lugar.

Unha vez que o alumno faga e aprobe a tarefa, veremos o valor da competencia asociada se accedemos á sección de competencias da materia:


Acceso profe competencias


e prememos sobre o nome da competencia que asociamos á tarefa.  

Nesta páxina, arriba á dereita, poderemos filtrar por alumno e competencia:

Vista detalle competencias 1

ademáis de poder valorar a competencia manualmente na parte inferior, tal como se explicara no apartado 6.3:

Vista detalle competencias 1


Importante!
Unha competencia configurada para ser marcada como completada automaticamente a partir do resultado dunha actividade recibirá sempre a cualificación de "Competente" cando alumno aprobe a actividade, independentemente da cualificación recibida nela. Tamén cabe destacar que poderiamos usar unha escala en lugar de punto como tipo de cualificación na configuración da actividade.




EDIXGAL
Última modificación: Martes, 13 de Febreiro de 2024, 10:43