6.3. Cualificación manual de competencias
Cualificación manual de competencias
|
Se accedemos á sección de competencias da materia podemos ver a listaxe das que foron engadidas, tal como se explicara no apartado 6.1.
Se prememos na ligazón do nome de cada unha delas, accedemos a unha páxina onde ademais poderemos filtrar por alumno, para ver a cualificación obtida nesa competencia (1) e, se procede, modificala premendo no botón Valorar (2). Ademais de asignarlle unha valoración na escala correspondente, tamén se pode engadir un comentario que quedaría rexistrado no apartado Evidencia, como explicarase a continuación.
Segundo estea definido na escala de cualificación asociada ao marco de competencias empregado, algunhas valoracións terán a consideración de que o alumno sexa considerado competente. Cando é así no apartado Competente, enriba do botón de valorar, figurará Si resaltado en verde. En caso contrario poñerá Non en vermello.
As evidencias para a valoración das competencias
No apartado Evidencia, debaixo de onde figura a valoración da competencia, hai un rexistro histórico de todos eventos relacionados coa valoración desa competencia, ordenados de máis recente a máis antigo:
- Cada vez que se fai unha valoración manual. Que usuario foi o que puxo esa valoración desa competencia a ese alumno, cando o fixo, a valoración asignada, o comentario que acompañou á valoración (se houbera algún) e o seguinte texto: "A puntuación de competencia estableceuse manualmente na materia .... ".
- Cada vez que un alumno completa unha actividade asociada á competencia. Só funcionaría así no caso de ter activado o seguimento da materia e que nos axustes da actividade asociada tivérase posto que ao finalizala débese "Anexar evidencia", "Enviar para revisión" ou "Completar a competencia", tal como se explicara no apartado 6.2. Entón, engadiríanse rexistros de forma automática cada vez que un alumno completase algunha desas actividades, poñendo na entrada: a data, a ligazón á actividade, a valoración de Bo (só no caso de ter elixido "Completar a competencia") e máis o seguinte texto informativo: "Completouse a actividade«.......»".
No apartado 6.4 explícase con máis detalle o funcionamento da opción Completar a competencia. Na seguinte imaxe amosan exemplos das evidencias anteriores.
O informe de distribución de competencia
Outro xeito de xestionar as competencias sería accedendo á sección "Informes > Distribución de competencia" da materia:
onde disporemos dunha funcionalidade similar, podendo filtrar por alumno e competencia, ver resultados e modificalos manualmente premendo sobre a ligazón da cualificación. A avantaxe neste caso, é que se poden valorar todas as competencias dun mesmo alumno sen ter que mudar os filtros, como acontecía no caso anterior.
As competencias non admiten ningún tipo de fórmula para o cálculo da súa cualificación. A súa valoración é única para cada alumno e materia, non se lle poden asignar valoracións distintas nas actividades nas que puideran estar ligadas, nin facer que a valoración dunha delas teña en conta as obtidas noutras. |