6.2. Como asociar competencias a actividades
Asociar competencias a actividades
|
Unha vez que unha ou máis competencias foron engadidas a unha materia, poden asociarse ás actividades da mesma. Desta forma poderase vincular o completado das actividades por parte do alumnado coa adquisición das mesmas e máis dispoñer dunha listaxe que relacione as actividades e as competencias da materia.
Para facelo, primeiramente deberase acceder aos axustes (1) da actividade que se queira ligar e, dentro da páxina de axustes, no apartado específico chamado Competencias (2).
No cadro de busca (3) amosaranse aquelas competencias dispoñibles para esa materia que non foran previamente asociadas a esa actividade. Haberá que ir engadindo unha a unha premendo sobre ela e, ao facelo, engadiranse como botóns enriba do cadro de busca.
Unha vez engadida unha competencia á actividade, pode eliminarse premendo no seu botón correspondente.
Quedaría por definir a relación da competencia co completado desa actividade por parte do alumnado, no apartado "Ao finalizar a actividade".
As opcións "Anexar evidencia", "Enviar para revisión" e "Completar a competencia" só funcionan se no apartado seguimento de completado dos axustes da materia está activado o seguimento do progreso (para o completado). Estas opcións se explicarán nos apartados posteriores.
No caso de que só se desexe relacionar as competencias coa actividade a título informativo, pódese elixir a opción: Non facer nada. Para esta opción non é necesario activar o completado da materia.
Unha vez ligadas as competencias ás actividades dunha materia, pódese comprobar dende a páxina de Competencias da materia, que se explicara no apartado 6.1. Unha vez alí, se pode ver baixo cada competencia que actividades están ligadas a ela.
Na seguinte imaxe pode comprobarse que as actividades "Proba escalas competencias" e "El reto" están ligadas á competencia Área de Bioloxía e Xeoloxía 1ESO-BX. Por outra banda, a competencia 4.1 Criterios de avaliación 1ESO-MA-B4-CA4.1 só foi ligada á actividade "El reto".