O meu escritorio: Xestión de credenciais

EDIXGAL

Xestión de credenciais

Esta opción permite ao docente facilitar as credenciais de acceso dos/as alumnos/as , e a restauración das mesmas.

Neste apartado o docente vai a atopar as credenciais dos seus alumnos xunto co contrasinal para o primeiro acceso.

Unha vez seleccionado Xestión de Credenciais, aparece unha pantalla para poder filtrar en base a centro, grupo e materia, as credenciais desexadas, para o caso dos/as titores/as permitirá acceder a todos os/as alumnos/as do grupo mentres que cada docente só terá acceso aos/ás alumnos da súa materia.

 Xestión credenciais

 

Cando pulsamos sobre o botón "Filtrar" móstrase na parte central  a listaxe de alumnos/as coas súas respectivas credenciais, onde os datos que aparecen son os seguintes:


        • Nome e apelidos: nome e apelidos do/a alumno/a.
        • Usuario: nome de usuario do/a alumno/a.
        • Clave de acceso Prov.:
          • Aparece a clave de acceso provisional do/a alumno/a para o seu primeiro rexistro ou para cando se lle restaura a credencial. En canto o/a alumno/a inicie sesión co seu usuario requirirase que cambie o contrasinal.
          • Aparece *********** cando o/a alumno/a xa entrou na plataforma e polo tanto xa modificou o seu contrasinal.
        • Centro: centro do/a alumno/a.
        • Grupo: grupo ao que pertence o/a alumno/a.
        • Materia: materia do/a alumno/a.
        • Acción: Restaurar credenciais. Esta utilidade a utilizará o/a docente para restaurar o contrasinal dun/dunha alumno/a se esqueceu o seu contrasinal. Ao restaurar o contrasinal aparecerá de novo unha clave de acceso provisional na columna "Clave de acceso Prov." que lle permitirá de novo ao/á alumno/a acceder á plataforma. En canto inicie sesión co seu usuario requirirase que cambie o contrasinal.
        • Histórico: nesta columna poderase consultar o histórico de cambio de credenciais para un alumno.  A icona do olloOlloda acceso ao histórico de cambios.


Lista_Credenciais

Importante

Botón de impresión.

A lista de credenciais dispón dun botónImprimirque permite a impresión da lista desde un ficheiro PDF.



EDIXGAL
Última modificación: martes, 31 de outubro de 2023, 10:31 AM