2.4. Control de aula con SmartClassroom
Control de aula con SmartClassroom
|
Control de aula
As opcións de control de aula actívanse pulsando o botón dereito do rato.
1. Diríxete aqui
Esta función permite que todos os alumnos se dirixan a un punto concreto dunha lección.
Para activar a función:
- Pulsamos co botón dereito do rato sobre calquera área do tema
- Seleccionamos a opción "Diríxete aquí"
- Agora co botón esquerdo do rato, facemos clic no punto concreto da lección onde queremos que vaian os alumnos.
Con este procedemento, todos os alumnos que estean conectados a esa unidade, tanto se están nesta lección como se están noutra, serán dirixidos automaticamente ao punto seleccionado.
2. Bloquear pantalla
Esta función bloquea a navegación dos alumnos entre leccións. Poderán navegar na lección e interactuar con ela (consultar contidos, responder actividades...) pero non poderán ir a outras leccións.
Para activar a función:
-
Pulsamos o botón dereito do rato sobre calquera área do tema.
-
Seleccionamos “Bloquear pantalla”.
Ao bloquear, todos os alumnos conectados á unidade serán redirixidos á lección e seralles bloqueada a navegación. Tanto docente como alumno verán un aviso na zona superior da pantalla.
Para desbloquear a pantalla:
Pulsamos novamente co botón dereito do rato e seleccionamos a opción "Desbloquear pantalla"-
3. Bloquear alumnos
Esta función está pensada para que os alumnos deixen o que están facendo coa unidade e presten atención ao profesor/a, o que lle permitirá realizar explicacións ou exposicións na pizarra.
Para activar a función:
- Pulsamos co botón dereito do rato sobre calquera área do tema
- Seleccionamos a opción "Bloquear alumnos"
Na pantalla dos alumnos aparecerá o seguinte aviso e non poderán seguir interactuando de ningunha maneira coa unidade.
Para desbloquear, pulsamos co botón dereito do rato e seleccionamos a opción "Desbloquear alumnos".
|