Engadindo novo contido a un tema SMART de NETEX

EDIXGAL

Engadindo novo contido a un tema Smart de Netex


En primeiro lugar accedemos á nosa materia e Iniciamos o tema da forma habitual, facendo clic sobre el para que se abra a pantalla completa.

Iniciar o tema

 

Na parte inferior da nova pestana na que se abre o tema veremos o bloque para engadir novo contido:

Engadir novo contido

 Se prememos nel, veremos que aparece un panel á dereita que nos permitirá escoller un dos catro tipos de contido que se poden engadir:

Crear contido


Tipos de contido:
Engadir ficheiro    Un Permite engadir ficheiros ao noso tema
Engadir ligazón
   Dous Permite engadir enlaces a sitios externos
Importar lección    Tres Permite importar ao noso tema unha lección calquera de todo o catálogo da editorial
Crear leccion    Catro Permite crear unha lección baleira.


Un Para engadir un ficheiro, basta con premer na icona "Añadir fichero" e seleccionar o ficheiro a engadir:

Seleccionar ficheiro

Unha vez engadido, o ficheiro aparecerá no noso tema:

Ficheiro engadido

Para usalo, simplemente prememos sobre el e abrirase nunha nova pestana.


Dous Para engadir un enlace prememos na icona correspondente, introducimos un nome para o enlace, o enderezo ao que queremos enlazar e logo prememos en "Añadir" para engadilo.


TresEsta opción permite importar unha lección de calquera tema do catálogo de Netex Smart. Se prememos na icona, veremos un selector de leccións na que temos un botón de busca e un sistema de filtros para seleccionar o contido a engadir:

Importar lección

Unha vez atopada a lección desexada, poderemos previsualizala nunha ventá emerxente e logo importala ao noso tema.

Lección importada


O comportamento da nova lección importada será similar ao do resto das leccións do tema, polo tanto poderemos:

            • Cambiar a súa posición dentro do tema
            • Asignala a un grupo de alumnos
            • Cambiarlle o nome
            • Agochala


Catro Esta última opción permitiranos crear unha lección baleira. Cando prememos na icona "Crear lección vacía", crearase unha nova lección que terá por título: "Contenido"

Novo contido

Usando o menú contextual da lección 3 puntos poderemos cambiarlle o nome:

Editar nome de contido

Agora só teremos que abrir a nova lección e premer no botón do editor situado na esquina superior dereita para comezar a engadir contido:

editar nova lección

Finalmente, poderemos engadir varios tipos de contido usando o botón máis :

Botóns de edición


Tipos de contido:
1    Un texto
2    Unha imaxe
3    Un vídeo
4    Varios tipos de actividades interactivas
5    Unha actividade non interactiva
6    Un debate
7    Importar actividade
8    Pegar actividade


 




EDIXGAL
Última modificación: mércores, 20 de setembro de 2023, 11:21 AM