4.9. Anotacións nos PDFs entregados como tarefa
Anotacións nos PDFs entregados como tarefa
|
Anotacións nos PDF das tarefas
Para os casos nos que o alumnado entrega un PDF como solución a unha tarefa, as tarefas de tipo entrega de ficheiros incorporan a funcionalidade de poder corrixir directamente e facer anotacións sobre o propio arquivo PDF entregado polo alumnado.
Desta maneira, o profesorado pode realizar correccións directamente sobre o traballo entregado polo alumnado (sempre que sexa en formato PDF) e o propio alumnado poderá ver estas correccións como complemento á nota recibida e os comentarios achegados polo(a) profesor(a).
Cando o profesorado entra na pantalla de cualificación das tarefas (Ver/cualificar todas as entregas), pode acceder ao editor PDF que está integrado no EVA, premendo na icona "Cualificación".
Todas as anotacións realizadas con este editor por parte do profesor/a da materia gárdanse automaticamente.
Cando o profesorado xa cualificou a tarefa, o alumnado poderá visualizar o seu PDF modificado polo/a profesor/a, pulsando sobre a opción "Ver anotacións PDF...", que aparece na parte inferior da pantalla da entrega da tarefa.
|