Como se crean as insignias (distincións)

EDIXGAL

Como se crean as distincións (insignias)

A creación e xestión das distincións realízase desde o menú da materia "Máis ->Distincións "

Ir a distincións

 

O docente pode crear unha nova distinción pulsando na opción "Engadir unha nova distinción

 Engadir nova distinción

 

A primeira pantalla que aparece é a de "editar os detalles" da distinción, onde se configura e completa diversa información básica sobre a distinción que se está creando.

IMPORTANTE: Débese ter en conta que a imaxe que se empregue para a distinción debe ser perfectamente cadrada (igual medida de ancho que de alto) porque senón a aplicación recortará a imaxe pola dimensión máis longa. 

 Distinción creada

 

Despois de definir os detalles, prémese o  botón "Crear unha distinción". 

A continuación hai que seleccionar os "criterios" que se usarán para conceder esta distinción.

A nivel xeral existen 3 tipos de criterios: emisión manual por rol, completado da materia ou completado da actividade.

  • Emisión manual por rol
    A distinción será concedida manualmente no momento que o decida o rol que se indique (profesor, profesor sen edición, xestor).

Escoller criterio

Para o exemplo actual, elíxese a opción “Emisión manual por rol”, de maneira que se identifica a continuación que rol de usuario (será o de “profesor”) se habilita para poder conceder esta distinción.

  

Emisión manual por rol 

Despois de establecer os criterios, será necesario que se active a distinción que se creou, para que funcione e poida ser asignada aos noso alumnado no momento que o se decida outorgar.

 Activar acceso

 

A activación da distinción provoca que a aplicación avise que a partir de agora esta distinción será visible polos usuarios, e serán quen de comenzar a facer méritos para gañala.

 

Distinción activada

 

 

Despois da activación da distinción, sempre se pode desactivar o acceso a ela, pero isto implica que se esta distinción foi concedida a algún estudante probablemente non se poidan modificar algúns dos axustes.

 

  Desactivar acceso



EDIXGAL
Última modificación: sábado, 9 de setembro de 2023, 3:26 PM