5.3. Xestión das cualificacións

  A xestión das cualificacións

EDIXGAL

Neste apartado veremos como podemos realizar unha serie de personalizacións (é imprescindible realizar con anterioridade a configuración de criterios) na configuracións das cualificacións dos nosos alumnos.

Xestionar cualificacións

Ao acceder a “Cualificacións” pódese ver a listaxe de estudantes matriculados nese curso e as súas cualificacións. Poderemos seleccionar dous tipos distintos de visualización das cualificacións, agrupadas por estudante ou agrupadas por avaliación.

Xestionar cualificacións

No caso de ter actividades sen asignar a avaliacións, pódese continuar sen problemas pero aparecerá a seguinte mensaxe:

Avaliación

Poderase acceder á configuración de criterios e modo avanzado en calquera momento, accedendo á pestana “Máis”.

Avaliación


Cualificacións por alumno

Se se opta por xestionar as cualificacións con esta agrupación, hai premer no nome dun estudante para que se despreguen as avaliacións da materia e as actividades asociadas a cada unha delas coas súas cualificacións correspondentes. Pódese seleccionar unha avaliación para que se despregue por defecto ao pulsar no nome dun alumno.

Avaliación

Para editar a cualificación, hai que premer na seguinte icona:

Avaliación

Ou no botón activar edicion na parte superior dereita.

Tan pronto como se active o modo edición, actívanse os distintos campos. A función de cada un deles é a seguinte:

Campos de texto (Columna comentarios para o/a alumno/a): Campos de texto que se activan á beira do nome do estudante, das avaliacións e dos aspectos creados. Isto permite engadir un comentario para cada un deles.

Avaliación

Campos de texto (Columna de notas): Pódense modificar as cualificacións finais do estudante, da avaliación e do aspecto. Para efectuar o cambio hai que introducir a nota manual e premer no botón “Actualizar”.

Avaliación

Se se modifica unha nota manualmente, aparecerá o indicador "Substituído" á beira da nota modificada para identificala.

Avaliación

Se activamos o modo edición de novo, teremos oportunidade de desfacer as cualificacións modificadas e restaurar as orixinais.

Desfacer cualificacion

Saír do modo edición: Ao facer un clic na icona da frechafrechaou no botón desactivar_edicionda parte superior dereita, vólvese á xestión de cualificacións por alumno/a sen campos editables.

Entrar na edición dunha cualificación: Ao facer un clic na icona do lapislapisaccédese á configuración máis avanzada dispoñible do ítem.

Cualificacións por avaliación

Se se opta por xestionar as cualificacións con esta agrupación, hai que premer no nome dunha avaliación. Se temos aspectos creados, hai que premer no nome dun aspecto e finalmente no nome dunha actividade para que despregar os nomes dos estudantes matriculados/as nesa materia e ver as notas. Para editar a nota hai que premer no botón activar edicion da parte superior dereita.

Avaliación


Exportar

Ao entrar neste apartado, poderase previsualizar o contido que se vai a exportar no ficheiro, para realizar a exportación hai que pulsar o botón “Descargar”, desta maneira créase un ficheiro en formato .ods coas cualificacións de cada un dos alumnos en cada unha das avaliacións e actividades da materia.

exportat



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 30 de Agosto de 2023, 08:50