4.8. Creación de tarefas
Creación de tarefas
|
Para que serven as tarefas?
A tarefa é unha das ferramentas que serven para recoller o traballo dos alumnos dunha materia. O profesor propón o enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para, finalmente, enviar unha solución á proposta feita no enunciado da tarefa.
O módulo tarefa permite aos alumnos subir documentos en prácticamente calquera formato electrónico e estes documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación por parte do profesor á que tamén poderá engadir un "feedback" ou comentario que chega de forma independente a cada alumno mediante a mensaxería.
A solución a unha tarefa non ten que consistir necesariamente en subir uns ficheiros á plataforma (aínda que este é o uso máis habitual), senón que existen tarefas nas que o alumno pode escribir directamente a solución no propio EVA ou que servirán para coñecer o enunciado, datas de entrega e cualificación dos traballos entregados fisicamente na aula.
Como se crea unha tarefa?
- Dende a páxina principal do curso, "activar edición".
- No tema que se desexe pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
- Seleccionar a actividade tipo "Tarefa"
- Finalmente, premer o botón "Engadir"
Os distintos aspectos que se poden configurar, clasifícanse por apartados:
Xeral
Nome da tarefa = Introduce un nome como título para esta tarefa.
Descrición = Introduce un pequeno texto a modo de descrición da tarefa.
Dispoñibilidade
Permitir entregas de = Se está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.
Data límite = Isto é cando venceu a tarefa. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero calquera tarefa entregada tras esta data marcarase como atrasada. Para evitar entregas despois dunha certa data, estabeleza a data de corte da tarefa.
Data de corte= De estar definida, a tarefa non aceptará entregas despois desta data sen unha prórroga.
Amosar sempre a descrición = Se NON está activado, a descrición da tarefa anterior só será visible para os alumnos na data "Permitir entregas de".
Tipos de entrega
Entregas de ficheiros = Se está activado, os alumnos deberán enviar un ou máis ficheiros como entrega.
Texto en liña = Se está activado, os alumnos deben escribir un texto (texto enriquecido) directamente nun campo do editor para a súa entrega.
|