4.6. O banco de preguntas
O banco de preguntas
|
Para que serve?
O banco de preguntas utilízase para crear ou editar preguntas que se organizan en categorías para facilitar o seu emprego na materia. Estas preguntas poden incluírse en calquera cuestionario (ou "proba") da propia materia.
O profesor accede directamente ao banco de preguntas cando crea ou edita un cuestionario (unha "proba") ou tamén dende o bloque Administración (na parte dereita da pantalla), no seguinte menú "Administración da materia -> Banco de preguntas".
Dende este enlace do menú podemos editar as preguntas xa creadas, organizar as preguntas en categorías, importalas e exportalas.
Como se crea?
Cando se pulsa sobre enlace de menú despréganse as seguintes opcións:
- Preguntas
Mostra o listado das preguntas creadas actualmente. - Categorías
Permite ver as categorías creadas e crear novas categorías. - Importar
Esta función permite importar preguntas nunha variedade de formatos mediante un ficheiro de datos. O ficheiro debe de usar a codificación UTF-8. - Exportar
Esta función permite a exportación dunha categoría completa (e calquera subcategoría) de preguntas a un ficheiro. Dependendo do formato de ficheiro seleccionado, algúns datos de preguntas e certos tipos de preguntas pode ser que non se exporten.
Cada unha das preguntas do banco de preguntas inclúe seis iconas que permiten editar, duplicar, previsualizar, mostrar o historial, eliminar ou exportar a pregunta. As preguntas que están sendo usadas en algunha actividade non poden ser eliminadas.
- A icona "editar" permite editar a pregunta mediante o mesmo formulario usado para creala.
- "Duplicado" permite facer unha copia da pregunta.
- Cando se pulsa sobre a icona "vista previa" ábrese unha nova ventá de previsualización que permite comprobar o funcionamento da pregunta.
- Facendo clic en "Historia" poderemos acceder ao historial de cambios durante a edición da pregunta.
- Se facemos clic sobre "eliminar" podemos eliminar esa pregunta, sempre e cando non estea sendo usada en algunha das actividades do curso.
- Exportar como XML de moodle permite exportar a pregunta e gardala nun ficheiro de xeito que poidamos importala a outro banco de preguntas.
Se pulsamos o botón "Crear unha nova pregunta" ábrese unha nova ventá na que deberemos seleccionar o tipo de pregunta que queremos crear.
Cando escollemos un determinado tipo de pregunta (emparellamento, numérica, verdadeiro ou falso, ... etc) abriranse os formularios correspondentes para a configuración dos distintos tipos de pregunta.
|