4.5. O recurso páxina e o recurso libro

  Outros recursos: etiqueta, ficheiro e páxina

EDIXGAL

1. O recurso páxina

   

Para que serve unha páxina? 

O recurso páxina permite ao profesorado, usando o editor de texto do EVA, crear un recurso de tipo páxina web na que se poden incluír imaxes, texto, vídeos, sons, ligazóns ... etc, de maneira que son probablemente o tipo de recurso máis versátil do que dispoñemos para configurar os nosos propios recursos da nosa materia.

   

Como se crea unha páxina? 

Para engadir unha páxina a un tema da materia, haberá que seguir o seguintes pasos:

  1. Activar o modo edición.
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionar a opción "Páxina".
  4. Finalmente pulsar o botón "Engadir"

Engadir páxina

Unha vez lle damos a engadir cubrimos os campos da páxina, os principais son: 

Xeral

Nome = Introducimos un nome que servirá como título para esta páxina e que é o que o alumnado ve no tema elixido da materia. Hai que premer no nome para acceder á información que contén á páxina.

Descrición = Escribimos un pequeno texto descritivo da páxina.

Presentar a descrición na páxina do cursoSe está activado, a introdución/descrición anterior presentarase na portada da materia xusto embaixo do nome.

Contido

Contido da páxina = Aquí será onde deberemos introducir o contido da páxina propiamente dito: texto, imaxes, arqueivos multimedia, enlaces, etc.

Unha vez elaborado o contido da páxina gardamos os cambios e rematamos á creación da páxina.

   

3. O recurso libro

   

Para que serve un libro? 

Un libro permite ao profesor crear un conxunto de páxinas cun orden e unha xerarquía determinada. Os libros poden conter diversos tipos de ficheiros, entre eles os ficheiros multimedia, así como texto e son apropiados para presentar gran cantidade de información que pode subdividirse en seccións.

O módulo de libro permite crear capítulos principais e sub-capítulos pero non vai máis profundo, é dicir, non é posible crear un sub-capítulo dentro de outro sub-capítulo xa que este módulo está pensado para ser un recurso de uso sinxelo e directo.

O libro non é interactivo en sí mesmo, aínda que pode conter todo tipo de elementos multimedia como imaxe, vídeo, son, enlaces internos e externos, ... etc.

   

Como se crea un libro? 

Para engadir un libro a un curso teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "Libro".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

Engadir libro


No formulario que nos aparece a continuación deberemos escoller un "Nome" para dar título a este novo libro, así como un pequeno texto no apartado "Descrición"

Despois de que o libro está creado, para xestionalo (engadir capítulos e subcapítulos) empregaremos o cadro "Táboa de contidos" que aparece na parte dereita da pantalla, unha vez que entramos no propio libro.

Taboa_de_contidos

Na seguinte táboa móstrase a funcionalidade de cada unha das iconas dispoñibles:

ICONAS DA TÁBOA DE CONTIDOS (xestionar un libro)
 Icona  Descrición
Abaixo  Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara abaixo, a unha posición inferior. 
Icono arriba  Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara arriba, a unha posición superior. 
Icono editar  Editar as propiedades do elemento. 
Icono eliminar  Borrar (eliminar) o elemento. 
Icono ocultar  Ocultar o elemento. 
Icono engadir  Engadir un novo capítulo ou subcapítulo. 



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 30 de Agosto de 2023, 00:49