4.4. O recurso catafol e o recurso etiqueta

  O recurso cartafol e o recurso etiqueta

EDIXGAL

1. Engadindo un cartafol a nosa materia

Para que serve un cartafol?

A plataforma EVA permite presentar como recurso un acceso a un conxunto de ficheiros de calquera tipo (documentación, multimedia, software, etc.) de maneira que o alumno poida acceder a todo o contido dun determinado cartafol.

Os recursos contidos no cartafol poden ser de tipos diferentes e poden subirse nunha quenda como un ficheiro comprimido ZIP que será descomprimido posteriormente ou poden engadirse de un en un, dentro dun cartafol baleiro na páxina do curso.

Usar un cartafol para mostrar recursos aos alumnos resulta máis elegante que mostrar os ficheiros de un en un nunha lista e tamén ocupa menos espazo na pantalla do curso.

Existe unha configuración (opcional) que lle permite ao profesor mostrar dentro da carpeta un "botón para descargar", de maneira que os alumnos poden descargar os ficheiros como un cartafol comprimido en formato ZIP. Isto posibilita aos alumnos o traballo "fóra de liña" (sen estar conectado) cos ficheiros descargados.

Como se crea un cartafol?

Engadir cartafol

Para engadir un cartafol procederemos da seguinte maneira:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos da materia, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "Cartafol".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

Existen algúns aspectos que deberemos configurar cando engadimos un cartafol, que se presentan ordenados por apartados, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral

Nome = Introducimos un nome que servirá como título para este cartafol

Descrición = Introducimos un pequeno texto descritivo para o cartafol

Contido

Ficheiros = Neste recadro introduciremos o ficheiros que queiramos mostrarlles aos alumnos dentro do cartafol. Podemos usar o método de "arrastrar e soltar" ou tamén podemos usar o botón "Engadir" que aparece na esquina superior esquerda do recadro.

Presentar en pantalla o contido do cartafol = Se escollemos presentar os contidos do cartafol na páxina dun curso, non haberá unha ligazón a unha páxina separada e o título non se presentará. A descrición presentarase unicamente cando "Presentar a descrición na páxina do curso" estea marcada.
Neste caso a vista de accións dos participantes non se poderá rexistrar.

Amosar subcartafoles estendidos = De estar activado, presentaranse os subcartafoles estendidos de modo predeterminado. Se non, os subcartafoles presentaranse recollidos.

2. Engadindo etiquetas na nosa materia

Para que serve unha etiqueta?

O recurso etiqueta serve como un elemento que permite clasificar os distintos recursos/actividades engadidos na nosa materia no EVA. Podemos utilizar texto, imaxes, arquivos multimedia ou código para a construción das etiquetas.

As etiquetas aparecen no primeiro nivel do lugar no que elixamos poñela (en cada tema ou seccións das materias diferenciando os recursos das actividades, por exemplo) e pódense utilizar, tamén, para transmitir información relevante e puntual nun momento determinado do curso.   É un recurso moi flexible que pode axudar a mellorar a aparencia dunha materia se o usamos de forma intelixente e moderada. Pódense engadir banners ou descricións para diferenciar e resaltar áreas diferentes ou seccións diferentes dentro dun mesmo curso.

No exemplo da imaxe utilizamos dúas etiquetas para ordenar os contidos do tema 1 separando os recursos (un tema editorial e unha páxina) coa etiqueta de nome "Contidos" das actividades propostas (unha tarefa) coa etiqueta que aquí chamamos "Actividades"

etiquetas

Como se crea unha etiqueta?

Engadir etiqueta

Para engadir unha nova etiqueta, o procedemento será o seguinte:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "Etiqueta".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

Debido a que a creación da etiqueta realízase co editor de texto de Moodle é posible, ademais de escribir textos, engadir imaxes, enlaces, multimedia ou código desde o propio editor de etiquetas.

Una vez lle damos a engadir cubrimos os campos da etiqueta, sendo o principal o nome que o que vai a ser visible. Por último lle damos ao botón "Gardar e volver á materia".



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 30 de Agosto de 2023, 00:48