4.2. Os bloques nas materias
Os bloques nas materias
|
Que son os bloques
Os bloques aportan ferramentas para o desenvolvemento e a xestión do curso. Aparecen á dereita da pantalla permiten ao profesor personalizar o aspecto do entorno. Existen bloques con funcionalidades diversas, algúns traballan de forma independente e outros están conectados entre si. Ao crear unha materia aparecen uns determinados bloques por defecto.
Edición de bloques
Co modo edición activado é posible mover, modificar, borrar, ocultar e asignar permisos locais nun determinado bloque. Pulsando sobre cada un dos elementos interactivos que se mostran na parte superior dereita de cada bloque podemos realizar calquera das accións que mencionamos antes.
Para mover un bloque e desprazalo a outra posición, o usuario debe pulsar e arrastrar facendo clic sobre a icona da cruz de cor negra.
|