4.1. Para que serve o modo edición
Para que serve o modo edición
|
Para que serve?
O modo edición permite engadir e modificar o contido (recursos e actividades) dunha materia. Só dispoñen desta posibilidade os usuarios con perfil de Profesor ou de Editor de contidos nesa materia.
Como se activa?
Na esquina superior dereita da pantalla, atópase o botón “Activar a edición”. Pulsando sobre este botón, o profesor pasará a dispoñer dun conxunto de novas opcións.
Unha vez activada a edición móstrase xunto a cada recurso da materia a opción de cambiar o seu nome e un despregable “Editar” co resto de opcións de edición e outras iconas similares repartidos pola pantalla.
Realizados os cambios na materia pódese saír do Modo Edición pulsando propio o botón “Desactivar a edición” situado no mesmo lugar que aparecía antes “Activar edición”.
Como funciona?
O Modo Edición caracterízase por amosar un conxunto de iconas no curso que permitirán ao profesor interactuar cos contidos existentes. As iconas repítense en moitos dos elementos que compoñen unha materia facilitando o seu manexo e converténdoo en máis intuitivo.
A seguinte táboa describe o funcionamento das iconas segundo o elemento sobre o que actúan.
Que efecto produce? | |||
Sobre un recurso ou actividade | Sobre un bloque | Sobre un tema ou sección | |
Cambia o nome do elemento | |||
Despraza o elemento á esquerda ou dereita | |||
Mover a calquera sitio da estrutura de temas | Mover a calquera sitio de algunha das dúas columnas | Cambia o orden na estrutura de temas | |
Editar, accedendo ao formulario de configuración | Editar as propiedades accedendo ao seu formulario de configuración | Engadir texto, imaxes e outros elementos ao principio do tema | |
Duplicar, situando o novo debaixo do orixinal | |||
Eliminar | Eliminar. O bloque eliminado poderá volver a engadirse desde o bloque "Engadir un bloque". | ||
Elemento "visible" para os alumnos. Pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "invisible" para os alumnos. | Elemento "visible" para os alumnos. Pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "invisible" para os alumnos. | Elemento "visible" para os alumnos. Pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "invisible" para os alumnos. | |
Elemento "invisible" para os alumnos. Pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "visible" para os alumnos | Elemento "invisible" para os alumnos. Pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "visible" para os alumnos | Elemento "invisible" para os alumnos. Pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "visible" para os alumnos | |
Asignar un rol a un usuario, unicamente para ese recurso ou actividade | Asignar un rol a un usuario, unicamente para ese bloque |
Ademais das iconas mencionadas, o Modo Edición mostra ao pé de cada unha das seccións ou temas do curso o enlace “Engadir unha actividade ou recurso”, que facilita ferramentas para a incorporación de actividades e contidos.
As actividades son ferramentas para a interacción con e entre os alumnos, por exemplo, Foros, Cuestionarios, Wikis... Por outro lado, hai diferentes maneiras de crear contidos co EVA ou de enlazar contidos previamente creados: Ficheiro, Cartafol, Etiqueta, Páxina, URL e Paquete de contido IMS.
Ao premer no enlace “Engadir unha actividade ou recurso”, aparece a pantalla de selección:
que permitirá usar a caixa de busca da parte superior para localizar unha actividade ou recurso polo seu nome e usar as tres lapelas da parte inferior para agrupar os diferentes elementos nas súas categorías.
Cada actividade ou recurso dispón de dúas iconas na súa parte inferior:
que permitirán:
1: Destacar ese elemento. Ao premer nesa icona, destacaremos o elemento e iso fará que apareza unha nova lapela "Destacados" que conterá todos os elementos que destaquemos.
2: Amosar información sobre a actividade ou recurso seleccionado:
O Modo Edición engade tamén á parte inferior da páxina un enlace "Engadir Seccións" que permite engadir novas seccións á materia: