Descargar a aplicación EVA-Offline

EDIXGAL

EVA Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. 

Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Aplicativos - Educación" do Escritorio Abalar, pero a través do EVA é posible facer a descarga de dita aplicación para poder instalala no dispositivo desexado, en función do sistema operativo que teñamos no mesmo.

A aplicación EVA Oflline só está dispoñible na súa versión para o sistema operativo Linux de 64 bits,  e está dispoñible para a súa descarga desde o propio entorno EVA. Para poder acceder, o usuario debe identificarse no EVA e a continuación entrar no menú "O meu escritorio".

Entre as funcionalidades dispoñibles no menú "O meu escritorio" está a opción "Descargar Offline".

      

offline

   

Neste menú "Descargar Offline", ademais dos aplicativos necesarios, atópase o Manual de instalación onde explícase: como instalar os aplicativos no sistema operativo Linux, como desinstalar as versións anteriores e máis como poder resolver os problemas máis frecuentes.

   

  


EDIXGAL
Última modificación: martes, 28 de maio de 2024, 12:58 PM