O meu escritorio: Calendario

EDIXGAL

O Calendario

   

Dende esta opción podemos acceder ao calendario que xestiona cada un dos eventos cos que estamos a traballar na plataforma e teñen algún tipo de información temporal que interesa ao noso perfil.

   

Calendario

    

O que vai aparecer por defecto no calendario é a listaxe de próximos eventos asociados ás materias nas que o usuario está matriculado, pero pódese establecer un filtrado de eventos por materia no despregableco que se vai a visualizar unicamente os eventos asociados á materia seleccionada.

No panel da dereita hai dispoñible o bloque que permite agochar/amosar os eventos desexados no calendario.

Desde a ventá anterior tamén temos a posibilidade de crear novos eventos , que para o caso do perfil do profesor os eventos que se poden crear poden ser de 3 tipos:

  1. Usuario: Evento só visible para o usuario que o crea.
  2. Grupo: Evento que afecta a todos os usuarios membros do grupo seleccionado.
  3. Materia: Evento que ten actividade para todos os usuarios matriculados na materia seleccionada. 

 CALENDARIO: Vista "mes"

Vista mes

CALENDARIO: Vista "día"

Vista día





EDIXGAL
Última modificación: luns, 28 de agosto de 2023, 5:13 PM