1.5. Engadir un recurso aulaPlaneta, Smart Classroom, EdebeON+

 Engadir recursos aulaPlaneta, Smart Classroom, EdebeON+

EDIXGAL

IMPORTANTE IMPORTANTE: Este é un procedemento alternativo para engadir recursos de "AulaPlaneta", "EdebeON+" e mais "Smart Classroom" (Netex). Este procedemento non é válido para engadir recursos das outras editoriais.

  

Procedemento alternativo ao uso das pestanas das editoriais.

Unha vez que accedemos ao EVA Abalar, seleccionamos a materia na que imos publicar o contido. A continuación pulsamos sobre o botón "Activar edición" que atoparemos na parte superior dereita da pantalla.

   

Modo edición

A continuación, pulsamos sobre a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" no tema da nosa materia onde queiramos inserir o recurso.

engadir actividade

Feito isto, aparecerá un cadro de diálogo onde poderemos seleccionar diversos recursos e actividades, entre os que atoparemos os recursos de "AulaPlaneta", de "Smart ClassRoom" e mais os de "EdebéON+".

AulaPlaneta, Edebé On e Smart Classroom

 

   

Engadir un recurso aulaPlaneta

Cando seleccionamos a opción "AulaPlaneta - Recurso"Logo Recurso Planetamóstrase o seguinte cadro de diálogo onde poderemos realizar unha busca selectiva do tipo de recurso que necesitamos.

aulaPlaneta

      

Engadir unha unidade de aulaPlaneta

Cando seleccionamos a opción "AulaPlaneta - UnidadeUnidade Planeta o cadro de diálogo que se nos presenta é o seguinte.

Unidade Planeta

       

Engadir un recurso Smart ClassRoom

Cando seleccionamos a opción Smart ClassRoom Smart ClassRoom móstrasenos un cadro de diálogo onde poderemos seleccionar diversas criterios de busca que nos levarán a atopar o recurso en concreto que estamos buscando.

Smart ClassRoom

       

Engadir un recurso EdebéON+

Cando seleccionamos a opción EdebéON+ móstrasenos un cadro de diálogo onde poderemos seleccionar diversas criterios de busca que nos levarán a atopar o recurso en concreto que estamos buscando.


EdebeON




EDIXGAL
Última modificación: Luns, 28 de Agosto de 2023, 17:02