1.3. Como moverse nunha materia EDIXGAL
Como moverse nunha materia EDIXGAL
|
O menú de selección de materias atópase na banda horizontal superior da pantalla (menú principal).
Despois de seleccionar a materia na que desexamos entrar, podemos observar como cambian as opcións que se nos mostran neste menú principal da plataforma.
Cando xa seleccionamos unha materia, vemos que se mostra unha nova banda vertical de menú á esquerda titulada "Temas da materia". Se facemos clic nesta nova sección do menú, accedemos directamente á estrutrura da materia.
VISTA DO ALUMNO/A
Esquema (temas) da materia
Para acceder á estrutura e temas dunha determinada materia, debemos acceder ao menú principal da materia (banda vertical esquerda) desde onde poderemos seleccionar o tema (sección) ao que desexamos acceder.
Para cambiar de tema accedemos a este menú (esquerda) e facemos clic sobre o novo tema (sección) que desexamos ver.
Tamén podemos cambiar de materia en calquera momento se volvemos a pulsar sobre o menú "As miñas materias".
O botón de "Amosar / ocultar bloques" permite amosar determinados bloques de menús con funcionalidades específicas, como por exemplo o bloque "Administración" e o bloque "Atopar recursos", entre outros.
VISTA DO PROFESOR/A