1.2. Acceso á plataforma e menús principais

  Acceso á plataforma EVA

EDIXGAL

Para acceder á plataforma EVA Abalar online, debemos ir ao seguinte enderezo web (URL) da aplicación:

  http://eva.edu.xunta.gal

Unha vez accedemos a través do noso navegador de internet, atopámonos coa pantalla de login ou identificación de usuarios, na que tamén podemos distinguir os seguintes elementos:

  • Login (Acceso) (1)
  • Selector de idioma (2)
  • Carrusel de novas (3)

Para entrar, introducimos as nosas credenciais de acceso ("nome de usuario" e "contrasinal") no recadro correspondente e pulsamos o botón "Acceder". Esta pantalla de acceso é a mesma para todos os usuarios.

Importante!

O profesorado accederá á plataforma usando as credenciais da súa conta de usuario corporativa, empregada tamén no acceso ao correo. O alumnado empregará as credenciais facilitadas por medio da ferramenta de xestión de credenciais.


Acceso EVA

O selector de idioma permite elixir o idioma desta pantalla de acceso. Podemos elixir entre:

  • Galego (gl)
  • Español (es)
  • English (en)

Por defecto a plataforma móstrase sempre en idioma “Galego”, pero o usuario pode cambiar o idioma en calquera momento.

Nesta pantalla de acceso podemos atopar tamén un carrusel con noticias ou novidades de interese para a comunidade
educativa.

Menús principais

Despois de identificarnos como usuarios accedemos á pantalla principal da aplicación, onde se distinguen as seguintes áreas:

  • Menú do usuario (1)
  • Barra de menús funcional (2)
  • Notificacións (3)
  • Mensaxes (4)
  • Foro de novas do sitio (permite subscribirse) (5)
  • Área de visualización das materias (6)

Menú principal

Na barra de menús funcional (2) atoparemos os seguintes menús despregables:

   

Menú INICIO

Ao pulsar sobre o menú "Inicio" volvemos á pantalla de inicio da plataforma.


  

Menú O MEU ESCRITORIO 

Desde o menú "O meu escritorio" podemos acceder á nosa área persoal de usuario, aos datos do noso perfil, ao calendario xeral da plataforma, ás novas publicadas ata o momento, así como tamén á pantalla que nos da acceso ás credenciais dos nosos alumnos.

  • Xestión de credenciais


O meu escritorio 

 

Menú AS MIÑAS MATERIAS

No menú "As miñas materias" móstranse as materias ás que teño acceso como profesor/a e/ou como alumno/a

materias


Menú ACCESO Ó CATÁLOGO

Desde o catálogo, podemos acceder a unha mostra de todos os contidos, de todas as materias e de todos os proveedores de contidos (editoriais) que participan no proxecto EDIXGAL.

Esta opción resulta moi útil para poder ver cal é a oferta editorial dispoñible, antes de decidirnos por unha ou outra das editoriais.

 

 

Menú AXUDA

Desde a "Axuda" da plataforma temos acceso ás distintas guías e manuais de usuario, con respecto ás ferramentas e funcionalidades incluídas na plataforma.


Axudas

 

Menú TABOLEIRO

O Taboleiro é unha páxina personalizable para proporcionar aos usuarios detalles do seu progreso e os próximos prazos. O panel predeterminado inclúe unha liña de tempo (Cronograma) , un Calendario e, no caixón de bloques, o bloque Materias de recente acceso

O acceso rápido ao Taboleiro está dispoñible desde a navegación do sitio na parte superior da pantalla unha vez que iniciase sesión. 

Os usuarios normalmente poden personalizar o seu Taboleiro, engadindo ou eliminando bloques e cambiando as posicións dos bloques. 

Poden reverter o seu Taboleiro aos bloques orixinais da seguinte maneira: active o interruptor 'Modo de edición' e a continuación faga clic no botón 'Restablecer páxina aos valores predeterminados'.

  Taboleiro 

 




EDIXGAL
Última modificación: Luns, 28 de Agosto de 2023, 17:05