Como engadir unidades e recursos de aulaPLANETA

EDIXGAL


Como engadir unha unidade de aulaPLANETA

Para engadir unha unidade de Aula Planeta a unha materia Edixgal, usaremos a lapela da parte superior:

pestanas

Logo seleccionaremos a unidade ou unidades que queremos incorporar, indicaremos a sección onde queremos incorporala e por último premeremos sobre o botón Sincronizar:

seleccionar e sincronizar

Nota


Lembramos que podemos previsualizar as unidades antes de engadilas premendo sobre o seu título. Abriranse nunha nova pestana. Hai que lembrar tamén que a barra de solapas só aparece se a materia está relacionada cunha materia do catálogo e unicamente mostrará as solapas das editoriais que dispoñen de contidos para esa materia concreta.


Como engadir un recurso de aulaPLANETA

Un dos elementos que aporta aulaPlaneta é o "recurso" Recurso , sen estar necesariamente incluído en ningún dos temas.

Estes recursos, identificados co símbolo Recurso ou tamén chamados "media", consisten nunha gran variedade de actividades, propostas didácticas e recursos propiamente ditos que che poden servir de axuda para complementar os distintos temas das materias.


Os tipos de recursos Recurso que podemos atopar son os seguintes:

  • Recursos expositivos/activos
  • Audiovisuais
  • Audios
  • Secuencias de imaxes
  • Animacións
  • Simulacións
  • Mapas conceptuais
  • Actividades autocorrexibles 
  • Actividades abertas
  • Actividades colaborativas 
  • Proxectos disciplinares
  • Banco de actividades
  • Banco de actividades de resposta aberta
  • Recursos de avaliación

 Se o recurso está incluído nun tema só teremos que abrir o tema en cuestión, localizar o recurso, premer sobre os 3 puntos do lado dereito e logo sobre "Engadir recurso a Moodle"

  Engadir recurso desde tema

A segunda opción e activar a edición e utilizar o buscador de recursos:

1 Primeiro seleccionamos a materia na que imos publicar o recurso. A continuación arrastramos á dereita o botón de "Modo de edición" que atoparemos na parte superior dereita da pantalla.

Modo edición

Logo  pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso" na sección onde queremos engadir este novo recurso e localizamos "AulaPlaneta-Recurso", un dos catro tipos de material das editoriais que poderemos engadir por este método:

 

Engadir unha actividade ou un recurso

 

2 A continuación prememos  sobre o tipo de recurso AulaPlaneta-Recurso identificado co símbolo Recurso 

3 Despois de seleccionar o tipo de recurso AulaPlaneta-Recurso  Recurso , aparecerá o buscador de recursos no que poderemos usar a caixa de texto para localizar o recurso

Buscar recursos Planeta


Tamén podemos refinar a nosa busca premendo sobre o botón "Procura avanzada" e usando os despregables:

Procura avanzada          

 

4 Se queremos previsualizar o recurso antes de engadilo á nosa materia, premeremos sobre o seu título e abrirase nunha nova pestana. Finalmente, para engadir o(s) recurso(s) á materia prememos sobre o botón Botón engadir recurso que aparece no lateral dereito de cada recurso.

Selección de recursos

 

Despois dos pasos anteriores, só nos queda pulsar o botón "Gardar e volver á materia" ou o botón "Gardar e presentar" que aparecen no fondo da páxina.

Última modificación: mércores, 20 de setembro de 2023, 11:16 AM