Configuración da saída HDMI OUT do panel

    

Configuración da saída HDMI OUT do panel

 

Dado que o panel interactivo realiza simultaneamente as funcións de videoproxector, pizarra dixital e ordenador (ben con Android ou ben co módulo OPS), a configuración típica dunha aula na que a mesa do profesor está a carón da pantalla pode non acomodarse ás necesidades habituais de traballo nunha clase, onde habitualmente o profesor dispón dun monitor no que pode espellar a imaxe proxectada sen necesidade de estar situado fisicamente enfronte do panel.

Para estes casos, pode resultar práctico conectar un monitor á saída HDMI OUT do panel, de xeito que o profesor desde a súa mesa poda ver e escoitar o que está proxectando de xeito cómodo e sen necesidade de desprazarse. Convén ter en conta as seguintes consideracións:

  • O monitor a conectar debe ter entrada HDMI.
  • Recoméndase que a resolución do monitor sexa FULL HD (1080p), correspondente a un formato de visualización de alta definición 16:9 cunha resolución 1920x1080px, para evitar posibles distorsións na duplicación do sinal de vídeo.
  • O emprego dun monitor externo permite duplicar a visualización da pantalla do panel no monitor tanto en modo Android como en modo OPS, sen posibilidade de traballar en modo estendido en ningún caso.
  • Dado que o cable HDMI transporta tanto sinal de audio como de vídeo, se o monitor dispón de altofalantes será posible escoitar tamén o son no propio monitor con independencia dos altofalantes do panel. Se non dispón de altofalantes, unicamente será posible visualizar a imaxe.


CONFIGURACIÓN DA SAÍDA HDMI OUT

Menú Configuración  > Sistema > Entrada e saída >  Configuración do visor da fonte externa > Formato de saída HDMI

  • Recoméndase a configuración da imaxe FULLHD- 1920x1080px (60Hz): 1080_60Hz


hdmi




icono-recordar.png

Debes ter en conta que...

O emprego de monitores externos conectados á saída HDMI OUT do panel permiten reflectir a modo de espello a imaxe da fonte de entrada seleccionada (Android ou OPS) no monitor, non sendo posible a configuración en modo estendido.

No caso do OPS recoméndase cambiar a resolución a FULLHD (1080p) en lugar de 4K.


CONFIGURACIÓN EN MODO ESTENDIDO NO OPS OU NUN PORTÁTIL CONECTADO POR HDMI

Con independencia do anterior, é posible traballar co módulo OPS en modo estendido, conectando a saída HDMI específica do OPS ao monitor (Non confundir coa saída HDMI OUT do panel, que da servizo tanto ao Android como ao OPS).

De xeito similar, pódese configurar un escritorio estendido nun portátil conectado ao panel por HDMI.

En ambos casos a configuración realízase a través da utilidade ArandR dispoñible na maqueta Abalar. Podes consultar como facelo no seguinte enlace: Configurar varias saídas de vídeo con ArandR








 

Última modificación: luns, 23 de setembro de 2024, 2:41 PM