Aplicacións preinstaladas
Aplicacións preinstaladas
O panel interactivo proporciónase cunha serie de aplicacións instaladas por defecto que convén non eliminar:
- PIP/Cambiar a: permite visualizar/mudar a fonte de entrada do panel.
- Navegador/Buscador: navegador web.
- BytelloClass: software incluído coa mostra para crear leccións e interactuar co alumnado.
- BytelloDMS/Synetech DMS: software de xestión centralizada do panel.
- Axustes/Configuración: permite acceder a todos os axustes do dispositivo.
- Encerado/Pizarra: aplicación que simula unha pizarra no panel.
- GetStore: software de instalación de Google Play Store.
- Optimizar: ferramenta de mellora do rendemento do dispositivo.
- Paleta: software de debuxo no panel
- Explorador: xestor de ficheiros do dispositivo.
- ScreenShare: software que permite a duplicación sen fíos desde outros dispositivos
- Unidade Cloud: permite o almacenamento na nube previa configuración.
- Visor: aplicación que permite lanzar a webcam con diversas opcións de configuración. Permite tomar fotografías, que se almacenarán na ruta /VideoPresenter/photograph/ (crearase un cartafol de xeito automático co nome da data na que foi tomada a imaxe).
- WPS Office: software de creación e edición de documentos ofimáticos.
- Play Store: permite a instalación de aplicacións (apps Android) desde a tenda oficial de Google.
Debes ter en conta que ... Ao tratarse o panel dun dispositivo compartido nunha aula, debemos ser moi coidadosos coa información que se almacena no mesmo. En caso de empregar a unidade Cloud, non deixar nunca a sesión aberta nin o contrasinal memorizado. Podes ampliar a información sobre o sistema operativo do panel e as aplicacións instaladas no Manual do software do panel interactivo (fabricante) |
Última modificación: luns, 23 de setembro de 2024, 1:53 PM