Bloqueo da pantalla do panel
Bloqueo da pantalla do panel
Mediante a opción "Configuración > Sistema > Bloquear o contrasinal da pantalla" é posible establecer un contrasinal para desbloquear a pantalla unha vez bloqueada polo usuario, a fin de impedir a manipulación indebida do dispositivo por usuarios non autorizados.
En xeral non se recomenda o emprego desta funcionalidade, xa que o panel queda inoperativo no caso de esquecer o patrón de bloqueo, sendo necesaria a restauración a valores de fábrica, operación que só poden realizar os técnicos da UAC.
O xeito máis sinxelo de bloquear a pantalla é mediante a icona da barra de ferramentas pequena
Unha vez definido, é posible eliminar ou cambiar o contrasinal en calquera momento.
Debes ter en conta que ... Para cambiar ou eliminar o contrasinal de bloqueo de pantalla, será preciso en primero lugar introducir o contrasinal orixinal de bloqueo. No caso de non lembrar o contrasinal de bloqueo será preciso a restauración a valores de fábrica, para o que será preciso abrir unha incidencia na Unidade de Atención a Centros (UAC). O panel queda inutilizado polo patrón de bloqueo, motivo polo cal non se recomenda o emprego desta funcionalidade. |