Creación de contas wifi de dispositivos:

Acceso a contausuario:

Acceso   credenciais  
1 Acceder ao espazo https://www.edu.xunta.gal/contausuario/   2 Identificarse a dirección do centro coas credenciais persoais.  

3-conta   do meu centro  
 Premer en "3. Conta"   4 Premer en "3.2. Do meu centro"  

engadir   tipo  
5 Premer en "Engadir"   6 No apartado "Tipo", premer no despregable.  

dispositivo   conta  
7 Seleccionar "Dispositivo"   8 Cubrir os datos identificativos da conta  
 
9 Datos da conta

A modo de exemplo aparece na imaxe unha conta que sería do tipo:

wifi.probaequipo.correo.do.centro@edu.xunta.gal

  • No lugar de correo.do.centro aparecerá o nome do seu centro.
  • Os nomes da conta elixidos deben facilitar a identificación do equipo/dispositivo.
  • Crear unha conta para cada dispositivo.
  • Como responsable das contas de correo deberá sinalarse á persoa directora do centro ou persoa en quen delegue.
  • Polo momento non se poderán editar as contas creadas nin suprimilas.
  Datos-conta  

Conexión á wifi edu.xunta.gal

Unha vez configurada a conta do dispositivo, nos lugares que haxa cobertura da wifi edu.xunta.gal configurar o dispositivo seguindo os pasos descritos no manual.

No exemplo da imaxe a configuración corresponde a un equipo coa maqueta abalar.

  conexion  

            

  wifi edu.xunta.gal         

Última modificación: martes, 28 de marzo de 2023, 12:22 PM