Acceso á información do alumnado
Acceso aos datos do alumnado
Unha vez autenticado co contrasinal, accede ao seu perfil no que poderá seleccionar o/a alumno/a sobre quen desexa facer algún tipo de consulta ou realizar algunha acción.
Selecciónase o/a alumno/a pulsando sobre o seu nome.
|
|
Datos do alumnado
Na pantalla do alumnado poderase:
- Premendo na imaxe poderase personalizar a imaxe do/a alumno/a na app.
- Ver a súa identificación.
- Funcionalidades da app. No caso de aparecer un círculo vermello ao carón dalgunha das iconas significa que hai algún aviso non lido no apartado que aparece (neste caso trátase dunha Falta de asistencia recén chegada).
- Datos do alumnado.
|
|
Funcionalidades da app
Pulsando sobre esta imaxe (localizada arriba á esquerda) pódese coñecer a información relativa ao alumno e acceder ao menú con todas as funcionalidades dispoñibles.
- Posibilidade de cambiar de alumno/a.
- Acceso ás Cualificacións do presente curso escolar.
- Acceso ás Faltas de asistencia e de conducta. A liña azul (que neste caso está a carón de Faltas) indica o apartado que se está a visualizar
- Acceso aos Avisos e incidencias. No caso de recibir algún aviso ou incidencia que non viramos teremos unha advertencia visual de non lido.
- Horario coas materias e docentes de cada día da semana.
- Datos de contacto do centro.
- Acceso ao Calendario, con días lectivos e non lectivos.
- Acceso ao servizo de mensaxería. Poderanse consultar as mensaxes, responder se temos accesible esa posibilidade e participar nas salas de ser o caso.
- Acceso ao servizo para solicitar titorías e visualizar as que temos xa concertadas.
- Información relacionada co uso do transporte (no caso de ser usuario/a do mesmo).
Acceso á configuración da aplicación, idioma, notificacións,...
|
|
Última modificación: martes, 22 de novembro de 2022, 1:22 PM