Descarga, instalación e acceso
Unha vez descargada a aplicación de abalarMóbil , o primeiro paso será realizar o rexistro creando o usuario e o contrasinal para poder acceder. Este paso só hai que facelo a primeira vez, cando se descarga a aplicación.
Nota:
É importante que os datos das persoas responsables do alumnado figuren actualizados na secretaría do centro e no sistema de xestión XADE para poder acceder ás funcionalidades da aplicación.
Pódese descargar a aplicación en varios dispositivos, por exemplo no teléfono móbil e na tablet. Neste caso haberá que ter en conta o seguinte:- Unha vez finalizado o rexistro no primeiro dispositivo poderase proceder ao rexistro no seguinte dispositivo elixido, utilizando o mesmo número de teléfono.
- Por motivos de seguridade solicítase un novo contrasinal.
- Se desexa rexistrar máis dun dispositivo, o último contrasinal elixido será o establecido e co que se accederá desde calquera dos dispositivos.
- Se se realiza un novo rexistro e aínda se conserva activa a sesión dalgún outro dispositivo, deberase volver a identificar co novo contrasinal.
Poderanse habilitar as notificacións da aplicación.
Esta opción facilita a recepción de avisos da aplicación. |
O primeiro será introducir o número de teléfono. |
Unha vez introducido o número pulsar en “Enviar”. |
Recíbese por SMS o código de seguridade. |
Introducir o código recibido e premer en Enviar. |
Solicítaselle un contrasinal, que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberase escribilo nos dous recadros e pulsar en “Aceptar”. |
Rexistro completoXa está o proceso de rexistro completado. A continuación pulsarase en “Continuar”. |
Acceso á aplicaciónA partir deste momento, cada vez que se desexe acceder a abalarMóbil deberase introducir o contrasinal elixido, excepto se se marca a opción "Lembrar contrasinal", que soamente se deberá introducir unha vez ao mes. Escríbese o contrasinal, marcando a opción "Lembrar contrasinal" e púlsase en “Aceptar”. |
Cada vez que se intenta acceder a abalarMóbil realízase un control de versións:
- Se existe unha nova versión obrigatoria, non é posible continuar ata realizar a actualización.
- Se existe unha nova versión opcional, poderase actualizar ou continuar.