abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir aos responsables do alumnado poder seguir a actividade dos seus fillos e fillas desde calquera lugar.

Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android.

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). Pode capturar os seguintes códigos QR para descargar abalarMóbil.

Códigos QR para a descarga da aplicación

abalarMóbil está dispoñible para que as persoas responsables do alumnado poidan acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades desde calquera lugar de forma cómoda e rápida.

Ao longo desta guía, mostraranse as diferentes funcionalidades e servizos que as familias poden utilizar dende o seu teléfono móbil.


Desde a aplicación poderemos:

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Comprobar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Consultar o apartado de faltas de conduta.
  • Solicitar, anular e consultar o estado dunha titoría.
  • Consultar os datos do centro educativo.
  • Consultar os avisos ou notificacións.
  • Consultar as incidencias.
  • Acceder ao servizo de mensaxería.
  • Modificar o idioma da aplicación.
  • Xestionar as notificacións que se reciben no dispositivo.
  • Contactar co servizo técnico.



Última modificación: xoves, 10 de novembro de 2022, 9:07 AM