Para acceder ás accións pódese facer desde a pantalla de inicio ou premendo en calquera momento na lapela Accións.

As accións que se poden realizar son:

  • Autorizar usuarios/as: engadir persoas para realizar accións a nivel de espazoCentros.
  • Aprobador faltas: decidir quen é responsable de autorizar e xustificar faltas.
  • Informes: permite descargar informes relativos ao centro.
Accions - autorizar usuarios
Ao premer en Autorizar usuarios accederase a esta ventá. Poderanse ver as persoas que xa está habilitadas para ter funcionalidades do espazoCentros. Ademais en Rexistrar, poderanse engadir novas persoas e atribuirlle diferentes perfís.

Última modificación: xoves, 10 de novembro de 2022, 7:33 AM