Espazo titorías
Desde Accións > Espazo titorías poderanse facer dúas cousas diferentes:
- No caso de ser titor/a dun grupo poderase solicitar ao profesorado do grupo información relativa ao alumnado do mesmo. O obxectivo é que a través desta petición, o profesorado poida enviar información relativa ao alumnado quedando esa información arquivada e accesible en calquera momento. Aínda sendo titor/a dun grupo, poderase modificar o perfil seleccionando Acceso Como Docente Ao Grupo para poder cubrir a información do/a alumno/a.
- No caso de ser profesor/a dun grupo, poderanse recibir peticións de información por parte da persoa titora relativa ao alumnado dese grupo. Deste xeito, aquela información que desexemos aportar á familia a través da titoría do grupo, enviarase quedando arquivada para poder sen consultada pola persoa titora.
Desde o propio espazo Titorías poderase acceder a un manual específico da funcionalidade (tamén dispoñible en PDF desde este propio espazo).
Despois de premer no símbolo + para solicitar información do/a alumno/a do que se quere obter información, aparecerá unha ventá na que se poderá solicitar información a todo ou parte do profesorado que imparte clase nese grupo.
Identificarase a data da titoría, o motivo do informe
e nos cadros de verificación da dereita seleccionaranse as persoas ás
que se lle quere solicitar a información. Finalmente premer no botón de Gardar para enviar a petición.
Última modificación: martes, 8 de novembro de 2022, 7:32 PM