Avisos e notificacións
Desde o apartado Accións poderase acceder a Avisos e notificacións. Este apartado ten a funcionalidade consulta para o profesorado, pois estes avisos realízanse desde o apartado espazo Centros (ao que só ten acceso a persoa directora do centro ou persoas que habilite).
A continuación seleccionarase o Tipo Notificación á que se desexa acceder:
- Aviso do Centro aos profesores
- Aviso do Centro ao grupo
- Aviso do Centro
- Todos
Por exemplo no apartado Aviso do Centro ao grupo poderase ver o tipo de aviso.
Facendo clic en Ver detalle poderase acceder a toda a información referida a esa notificación.
Última modificación: martes, 8 de novembro de 2022, 7:21 PM