A opción “Mensaxería” é unha funcionalidade que permite recibir mensaxes e, de ser o caso, poder responder a esas mensaxes. Esta posibilidade depende principalmente se o/a docente que envía a mensaxe nos habilita esta opción ou se se participa nunha das opción de mensaxes non privadas ou unha sala de chat. 

Tipos de mensaxes que se poden atopar:

  • Privada: Comunicación privada entre o/a docente e as persoas responsables do/a alumno/a.
  • Non privada: Comunicación común e pública para o grupo/aula.
  • Sala de chat: Comunicación coas persoas que o desexen do grupo.

Inicio da mensaxería

Ao premer en Mensaxería accederase á lista de mensaxes recibidas. De cada mensaxe recibida poderase ver:

  • O asunto da mensaxe, a persoa que a envía e parte do texto da mensaxe.
  • Identifícase o día e hora na que se envía a mensaxe.
  • No caso de que a mensaxe se dirixa só ao alumno/a este/a aparecerá a carón do nome da persoa que envía a mensaxe.

Pantallazo para responder á mensaxe

Ao premer nunha das mensaxes accederase ao contido desa mensaxe. 

No caso de que a persoa que envía a mensaxe habilite a opción de responder poderase incluír neste apartado a resposta. Non caso de non estar habilitada esta opción xa non aparecería o cadro de Nova mensaxe.

Última modificación: xoves, 3 de novembro de 2022, 1:29 PM