Modalidades de pago
Este apartado facilitará a xestión dos pagos do comedor sempre e cando este servizo sexa xestionado polo centro e sendo un comedor dependente da Consellería de Educación.
Para realizar o pago da taxa do comedor escolar existen dúas vías:
- Empregando o certificado dixital.
- Para isto accederase aos servizos empregando este certificado (páxina 5) e seguindo os pasos indicados previamente (páxina 9).
- Sen certificado dixital.
- Previo ao pago haberá que dispoñer do documento de autoliquidación da taxa (para coñecer o importe a aboar). Este documento poderá ser facilitado polo centro ou accesible a través de espazoAbalar.
Este é encabezado do documento de Autoliquidación xenérico da Axencia Tributaria de Galicia onde se especifica que a Taxa é polo comedor escolar. Figurará o importe e os datos tanto do/a alumno/a así omo a persoa responsable do pago.
https://ppago.cixtec.es/ppagoIII/pagos/sc/consultaEntidadesNesta ligazón poderase comprobar según o perfil as diferentes posibilidades de pago e as funcionalidades que están operativas para cada entidade bancaria.
Última modificación: xoves, 20 de abril de 2023, 11:57 AM