Accións co alumnado

Acceso información alumnado

Ao acceder á información dun alumno/a poderase consultar a seguinte información:

  • Logo informaciónInformación:
    • Datos académicos: Pode realizar un seguimento académico do curso actual no que o seu fillo/a se encontra matriculado, consultando as súas cualificacións por avaliación e as súas faltas de asistencia.
    • Curso actual: Pode consultar datos xerais do curso no que está matriculado o seu fillo/a como o seu titor, as súas materias e profesorado, as materias das que está exento ou se ten algún cargo no ámbito escolar.
    • Escolarización: Pode consultar o histórico de escolarización do seu fillo/a e ver as súas cualificacións do ano anterior ao actual.
    • Datos familiares: Pode consultar os datos de contacto dos que dispón a Consellería de Educación permitíndolle modificar os seus datos se estes se encontran desactualizados.
    • Servizos complementarios: Pode consultar os datos dos servizos de transporte e comedor do seu fillo/a.
    • Faltas de conduta: Pode consultar as faltas de conduta do seu fillo/a.
    • Centro: Pode coñecer os datos de contacto do centro onde se encontra matriculado o seu fillo/a.
    • Calendario académico: Pode consultar o calendario académico do centro ó que pertence o alumno/a.
  • Logo acciónsAccións:
    • Subscrición: Ponse á súa disposición a posibilidade de manterse informado da publicación de novas cualificacións, faltas de asistencia ou outras notificacións do seu fillo. Estas notificacións poden realizarse a través de correo electrónico, podendo darse de baixa destas subscricións desactivándoas cando desexe.
    • Xustificar faltas: Pode xustificar as faltas de asistencia ou de puntualidade do seu fillo/a.
    • Citas de titoría: Pode xustificar as faltas de asistencia ou de puntualidade do seu fillo/a.
    • Incidencias do alumno: Pode consultar as notificacións do titor sobre posibles incidencias do seu fillo/a na aula.
    • Avisos e notificacións: Pode consultar as notificacións do titor/a dirixidas ao grupo ao que pertence o seu fillo/a, así como outras notificacións realizadas polo centro ou pola Consellería de Educación.
    • Mensaxería: Pode consultar as mensaxes que lle envían os profesores do seu fillo/a.
  • Símbolo de información de intereseInformación de interese
    • Poderase ver se hai incidencias ou avisos pendentes para o/a alumno/a.
Última modificación: Mércores, 2 de Novembro de 2022, 13:27