EDIXGAL

  Unha metáfora para entender Agueiro


Basicamente Agueiro son dúas cousas combinadas: un portafolio dixital + unha rede social educativa

Un portafolio dixital é un sistema no que o alumnado pode rexistrar de forma permanente "evidencias da súa aprendizaxe" en formatos que poden ser almacenados dixitalmente: documentos, páxinas, fotos, vídeos, ...etc. Todos estes elementos chámanse "artefactos" en Agueiro.

Unha rede social educativa é un sistema que ofrece a posibilidade de crear comunidades dixitais educativas en liña, onde poden interactuar o alumnado e o profesorado.

Pero en Agueiro pódense facer moitas máis cousas, utilizando diversas ferramentas dixitais.

 

O uso de metáforas pode axudarnos a entender mellor o concepto de portafolio dixital, así que a continuación presentamos unha metáfora que nos aporta algunhas claves para comprender este concepto.

 

A metáfora do museo

A estrutura interna dun portafolio dixital podería entenderse como a estrutura interna dun museo.

Museo:

Dentro do museo, o soto é o espazo de almacenamento común e privado de todos os artefactos que posúe o propio museo. Os artefactos organízanse e catalóganse para poder ser localizados máis fácilmente cando se necesitan. O responsable do museo pode reorganizar os artefactos existentes e engadir novos artefactos en calquera momento. Hai un movemento constante a medida que se adquiren novos artefactos: catalóganse, lévanse ás salas de exposicións ou devólvense ao soto cando unha exposición en particular xa finalizou. Os artefactos do museo poden ser de moitos tipos: textos, imaxes, audios, vídeos, esculturas, pinturas o unha combinación de todos eles.

Agueiro:

En Agueiro, como sistema de portafolios dixitais, o usuario ten á súa disposición unha área de almacenamento privado de contidos (soto do museo) para almacenar, organizar e catalogar todo tipo de artefactos como entradas de blog, ficheiros, documentos, vídeos,... Mentres estes artefactos permanezan na área de almacenamento privado do usuario (soto do museo) non son accesibles para ningún outro usuario.

Cando o usuario desexa mostrar o resultado do seu traballo como evidencias da súa aprendizaxe, selecciona os artefactos que quere mostrar e constrúe unha páxina (sala de exposicións do museo) asignándolle os permisos de acceso necesarios aos usuarios que desexe. 

 

Agueiro

  

Museo:

As salas de exposición poden ser pequenas ou grandes e normalmente cada sala céntranse nun único tema común. Non todos os artefactos que posúe o museo sobre un tema en particular son mostrados ao mesmo tempo. Ás veces, unhas poucas pezas son suficientes para tratar un tema nunha determinada sala de exposición.

Algunhas exposicións están pechadas ao público en xeral. Nestes casos, só as persoas autorizadas poden entrar na exposición para ver os artefactos.

Os espectadores visitan o museo individualmente ou en grupos, comentan o que ven e debaten sobre os artefactos expostos. Deixan comentarios ou asinan un libro de visitas para expresar a súa opinión. 

Algunhas das exposicións son permanentes mentres que outras son temporais, o que permite que as personas regresen con frecuencia para poder ver novas exposicións ou adaptacións das exposicións anteriores.

 

Agueiro:

As páxinas de Agueiro (salas de exposición do museo) poden ter o tamaño que queira o usuario e mostran o traballo do usuario sobre un tema determinado.

Os permisos de acceso ás páxinas poden asignarse a usuarios individuais ou a grupos de usuarios. Estes usuarios poden interactuar coas páxinas compartidas, aportando os seus comentarios ou valorando os artefactos que conteñen as páxinas. 

O usuario propietario das páxinas (salas de exposición do museo) tamén pode decidir durante canto tempo serán accesibles estas páxinas, ou se algunha delas será permanente e sen limitacións de acceso para o resto de usuarios.

    


EDIXGAL
Última modificación: martes, 18 de outubro de 2022, 6:42 PM