EDIXGAL

  Que é Agueiro?


Que é Agueiro e para que serve?

   https://agueiro.edu.xunta.gal

Agueiro é unha plataforma que proporciona un entorno virtual de aprendizaxe moi diferente a outros entornos como Moodle (Aula Virtual), aínda que estas diferencias non implican que sexan incompatibles senón que incluso poden chegar a ser complementarios.

  


MOODLE (Aula Virtual) AGUEIRO
  • Centrado nos cursos/contidos. 
  • Os cursos definen a estrutura. 
  • O alumo recibe cualificacións. 
  • Os contidos son visibles dentro dos cursos para todos os usuarios matriculados. 
  • As relacións entre usuarios enmárcanse dentro dos cursos.
  • Centrado no usuario. 
  • Orgánico, non estruturado. 
  • Non hai cualificacións. 
  • Cada usuario crea os seus propios contidos e decide sobre a súa visibilidade. 
  • Cada usuario determina as súas propias relacións cos demáis.

   

O uso dos portafolios dixitais na educación, como Agueiro, introduce e reforza varios aspectos moi importantes no proceso de aprendizaxe dos alumnos: 

  • Fomenta a autonomía do alumno no seu aprendizaxe. 
  • Responsabiliza ao alumno do seu propio proceso formativo. 
  • Obriga ao alumno a reflexionar sobre o que aprende e cómo o aprende. 
  • Potencia o desenvolvemento de destrezas colaborativas por parte dos alumnos cos seus compañeiros. 
  • Desenvolve a capacidade do alumno para resolver problemas en situacións novas.

  

Agueiro favorece a autonomía do alumno

 

Cando os alumnos traballan cun sistema de e-Portfolios como Agueiro, realizan todo o seu traballo de forma autónoma seguindo as directrices marcadas polos seus profesores, de maneira que cada alumno debe asumir desde o principio que él será o máximo responsable do seu propio traballo.

O traballo con Agueiro fomenta a auto-disciplina, xa que os alumnos deberán ser suficientemente disciplinados como para facer o traballo que lles corresponde en cada momento sen deixar que se acumule. 

Cando se trata de traballo colaborativo ou traballo en grupo, a dinámica propia do funcionamento de Agueiro tamén potencia a colaboración entre os usuarios para acadar un fin común. 

A asignación de tarefas e os plans de traballo personalizados axudan a desenvolver a honestidade do alumno á hora de realizar o seu traballo.

    

Para que serve Agueiro

 

  • Para que o alumnado rexistre as evidencias ou mostras do seu aprendizaxe e así poder avaliar os seus progresos dun xeito continuado. 
  • Para que o profesorado estea sempre informado sobre o nivel de competencia que vai adquirindo cada alumno/a durante o seu proceso de aprendizaxe. 
  • Para crear e favorecer un entorno de aprendizaxe nun contexto dixital, diferente ás aulas tradicionais. 
  • Para que o alumnado poida compartir cos demáis as súas experiencias de aprendizaxe.

 


EDIXGAL
Última modificación: martes, 18 de outubro de 2022, 6:42 PM