Como realizar a conexión con MacOS / iOS
Como realizar a conexión con MacOS / iOS |
MacOS - Configuración
Xerar un novo perfil de rede utilizando "Apple Configurator" Para realizar esta acción, no equipo Mac debe estar instalada a aplicación "Apple Configurator". Esta app pode descargarse dende a "App Store" oficial de Apple.
Xerar un novo perfil
Introduce os seguintes datos en cada un dos campos que se mostran na seguinte pantalla:
Antes de saír desta pantalla, debes pulsar sobre o texto "Sen título" que aparece na parte superior, na barra de título. No recadro emerxente que se mostra, introduce o nome "edu.xunta.gal". Instalar o novo perfil de rede Dirixímonos á carpeta onde se gardou o arquivo e facemos doble clic sobre no arquivo de configuración chamado edu.xunta.gal que gardamos no paso anterior. O equipo mostrará unha notificación similar á seguinte: A continuación dirixímonos á pantalla "Preferencias del sistema" e entramos en "Perfiles" Mostrarase o seguinte perfil que é o que se precisa instalar. Pulsamos sobre o botón Instalar Mostrarase unha ventana de confirmación na que se debe pulsar de novo en Instalar ou Continuar (según os casos). A continuación, deberás introducir as túas credenciais de acceso para esta WiFi. Exportar / Importar a outro dispositivo Apple o perfil de rede creadoExportar un perfil
Importar un perfil
Descargar un perfil xenérico para a WiFi "edu.xunta.gal"
Se o desexas, podes descargar o seguinte perfil de rede xenérico para dispositivos Apple. Perfil de rede xenérico "edu.xunta.gal"Este ficheiro ten extensión .mobileconfig que será recoñecida automaticamente polo sistema. Durante o proceso de instalación, deberás indicar o nome de usuario e o contrasinal para a túa autenticación na rede WiFi "edu.xunta.gal".
|
WiFi edu.xunta.gal |