3.11. Liña de tempo (timeline) para as páxinas
Liña de tempo (timeline) para as páxinas |
Liña de tempo (timeline) para as páxinas
As páxinas evolucionan ao longo do tempo, polo que a funcionalidade "Liña de tempo" permite visualizar os cambios que se foron introducindo na páxina e fai posible que o usuario poida retroceder no tempo para ver unha versión anterior da propia páxina.
Podes gardar unha páxina na liña de tempo, pulsando sobre o menú despregable "Gardar na liña de tempo", tal como se mostra na seguinte imaxe.
Cando a páxina xa está gardada na liña de tempo, móstrase unha nova opción de menú "Liña de tempo" que permite visualizar a páxina tal como quedou gardada en cada momento.
Cada vez que o usuario garda na liña de tempo créase unha nova versión da páxina
O usuario pode escoller calquera das datas que se mostran na liña de tempo (datas nas que o usuario pulsou o botón "Gardar na liña de tempo"), seleccionando a opción "Liña de tempo" .
Agueiro |